Máis de 150.000 nenos afectados polo terremoto en Ecuador

UNICEF está nas zonas castigadas do país atendendo ás necesidades máis urxentes dos nenos

Uns 150.000 nenos están afectados polo terremoto de 7,8 graos na escala de Ritcher que golpeou Ecuador o pasado día 16, segundo as primeiras estimacións de UNICEF. 

"Estamos a traballar contrarreloxo para protexer aos nenos de enfermidades e doutros riscos habituais en emerxencias como esta", dixo Grant Leaity, representante de UNICEF en Ecuador.
 
O sismo provocou a destrución de numerosas vivendas e edificios (805 destruídos e 608 danados), o sistema de saúde pública está en situación de emerxencia e os alimentos e a auga escasean. Hai 146 escolas danadas ou destruídas, o cal afectou a 88.000 nenos.
 
UNICEF está a apoiar ao goberno de Ecuador para dar resposta ás necesidades da poboación afectada. Ata o momento enviou 20.000 pastillas potabilizadoras para que os nenos e as súas familias poidan beber auga limpa, 4.500 mosquiteras e lonas de plástico. Ademais tres equipos de persoal de UNICEF desprazáronse para operar na rexión afectada (dúas en Pedernales e un en Esmeraldas). UNICEF está a preparar o envío de kits de educación e escolas temporais, e estase traballando para reforzar o apoio psicolóxico aos nenos que están nos refuxios habilitados polo goberno. 
 
Nalgunhas das áreas máis afectadas os deslizamientos de terras están a danar aínda máis as infraestruturas e dificultando o acceso dos equipos de asistencia e as subministracións. Algunhas cidades seguen sen electricidade, e só funciona o 40% das liñas de comunicación.
 
UNICEF mostrou a súa preocupación polas condicións sanitarias, de auga e saneamento nas zonas costeiras, nas que hai unha maior prevalencia de Zika, dengue, malaria e Chikungunya.
 
UNICEF España puxo en marcha unha campaña para recadar fondos destinados aos nenos afectados polo terremoto e as súas familias. Tamén preparou o envío de 100.000 euros dos seus recursos regulares para afrontar as accións máis urxentes nesta emerxencia.

Para máis información e contribuír ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

Facendo un donativo na nosa web

Enviando un SMS coa palabra UNICEF ao 38080

1 SMS = 4 euros (non esquezas confirmar)*

*IMPORTE DO SERVIZO DE SMS SOLIDARIO 4? ÍNTEGROS PARA UNICEF. Servizo para a recadación de fondos en campaña solidaria. O usuario debe responder SE ao sms de confirmación para realizar a doazón. Movistar, Vodafone, Orange, Euskaltel e Yoigo. Operador titular: UNICEF España, C/ Mauricio Legendre, 36, 28046 Madrid. N. atn. clte: 902228028, [email protected]. Información legal e protección de datos: www.unicef.es

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]