Máis de 120 organizacións humanitarias e axencias de Nacións Unidas animan aos cidadáns a unirse a eles para pedir o final do sufrimento en Siria

Máis de 120 organizacións humanitarias e axencias de Nacións Unidas*, entre elas UNICEF, lanzaron hoxe un enérxico chamamento conxunto, pedindo a todos os cidadáns do mundo que alcen a voz e pidan o final da crise de Siria e do sufrimento que soportan millóns de civís. 

O chamamento tamén resume unha serie de pasos prácticos e inmediatos que poden mellorar o acceso humanitario e a distribución de axuda a quen a necesitan en Siria.
 
Calquera persoa pode unirse a este chamamento compartíndoo, retuiteándolo ou dándolle a ?gústame? nas diferentes redes sociais. As organizacións difundirán este chamamento a través das súas redes sociais xunto cun vídeo de 60 segundos que reflicte o impacto de case 60 meses de conflito en Siria. 

Chamamiento completo

Para acceder a fotos e vídeos:

ftp://video.unicef.es/siria/llamamiento_conjunto 

Usuario: Refcom

Contrasinal: uce442087

* Nota aos editores

O número de organizacións humanitarias e axencias de Nacións Unidas que se suman a este chamamento era de 129 o martes 19 de xaneiro. Espérase que esta cifra aumente. 

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]