Leo Messi, Embaixador de UNICEF: "Todos podemos axudar a rematar coas mortes de nenos por causas evitables"

Nun vídeo que hoxe se difunde, o Embaixador de Boa Vontade de UNICEF Leo Messi, di que demasiados nenos aínda morren innecesariamente no mundo e fai un chamamento para que aumenten os esforzos para evitalo.  

"Todos podemos axudar a rematar coas mortes de nenos por causas evitables" di o xogador do FC Barcelona e da Selección Arxentina, que este ano foi pai por primeira vez. A pesar dos impresionantes avances que se conseguiron en supervivencia infantil, uns 19.000 nenos menores de cinco anos morren cada día por causas como a pneumonía, a diarrea, o sarampelo ou a desnutrición, que está asociada á terceira parte destas mortes. Isto non debe acontecer. Os datos mostran que por primeira vez na historia, o mundo ten o coñecemento e as tecnoloxías para chegar aos nenos máis vulnerables do mundo con intervencións que salvan vidas. As mortes infantís caeron dos case 12 millóns en 1990 a uns 6,9 millóns en 2011. Pero pódese -e débese- facer moito máis, e por isoLionel Messi pon a súa atención persoal na supervivencia infantil e urxe a outros a que fagan o mesmo. Estes nenos "non teñen que morrer, pero morren" diMessi no vídeo. Ese número "debería ser cero. " Elixido pola FIFA como Mellor Xogador do Mundo en 2009 e gañador de tres Balóns de Ouro, Messi foi nomeado Embaixador de Boa Vontade deUNICEF en marzo de 2010. Dende entón, exerceu como un firme defensor dos nenos máis vulnerables do mundo e visitou Arxentina, Costa Rica e Haití para axudar a xerar conciencia e para apoiar o traballo de UNICEF e os seus aliados.  

A desnutrición infantil

UNICEF España dedica a súa campañaCumpledías á loita pola supervivencia infantil, prestando especial atención á desnutrición, causa relacionada coa morte duns 6.400 nenos menores de cinco anos cada día. Non obstante, estas mortes pódense evitar. Así o demostran logros como os máis de 850.000 nenos que este ano foron tratados contra a desnutrición na rexión do Sahel.Cumpledías parte da base de que todos os nenos teñen dereito a cumprir anos pero en moitos lugares, a súa situación é tan precaria que cumprir días xa é un motivo de alegría pola supervivencia. Calquera persoa pode participar na campaña a través de www.cumpledias.com ouenviando un SMS coa palabraUNICEF ao 28028 *. Ata o momento,Cumpledías xa conta co apoio de medios de comunicación de toda España, máis de 300 empresas e entidades deportivas, e centos de miles de persoas. Cada SMS enviado equivale ao custo dun día de tratamento contra a desnutrición aguda para un neno. O tratamento completo, o que saca un neno da desnutrición aguda, dura entre 4 e 6 semanas e custa uns 42 euros. Os fondos conseguidos conCumpledías serán destinados aos programas de supervivencia infantil de UNICEF nos países en desenvolvemento.Videos Leo Messi dispoñibles en:

https://box.unicef.es/files/0211f4b2d4af957afb30549d8a72d47a-SPOTSMESSI.zip

* O custo íntegro de cadaSMS para usuarios de Movistar, Vodafone eOrange é de 1,20 euros, que se destinan integramente a UNICEF. Resto, consultar con operador, custo máximo 1,45 euros, contribución máxima a UNICEF 1,20 euros. Número curto sen fins comerciais. Operado por Alvento n.atn.clte:902887786 alvento.es. Información legal e protección de datos: www.unicef.es

Más información:

Dailo Allí, UNICEF España,

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55   

[email protected]