Johanna Brandt é nomeada nova Directora Executiva Adxunta de UNICEF

O Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, deu a benvida ao nomeamento realizado polo Secretario Xeral de Johanna (Yoka) Brandt como Directora Adxunta de Relacións Externas do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF.

A holandesaYoka Brandt é unha experta recoñecida internacionalmente en desenvolvemento e resposta a emerxencias. Como Directora Adxunta de Relacións Externas, supervisará todas as divisións relacionadas con captación de fondos, comunicación, relacións multilaterais e con gobernos, e operacións de emerxencia.Brandt achega unha traxectoria de máis de 20 anos de experiencia en asistencia internacional, en resposta humanitaria a emerxencias e un profundo compromiso co progreso sostible e en equidade. Estou moi ilusionada de unirme a UNICEF nun momento tan crítico tanto para os nenos coma para a axencia, " dixo Yoka Brandt. "Protexer os nenos e axudalos a que alcancen todo o seu potencial están no corazón do mandato de UNICEF e afronto con entusiasmo o traballo cos meus novos colegas no seu establecemento de novas metas e os seus logros para os nenos e para eles mesmos. "

A transición deBrandt será coordinada pola actual Directora Executiva Adxunta en funcións, Rima Salah, que foi Directora Adxunta en substitución de Hilde Frafjord Johnson, nomeada en xullo pasado polo Secretario Xeral como o seu Representante Especial en Sur Sudán. Todo UNICEF está en débeda coa nosa compañeira Rima Salah polo impresionante traballo que realizou, unha vez máis. Desexámoslle grandes éxitos nas súas futuras responsabilidades.Brandt traballou amplamente en desenvolvemento e supervisión de programas de cooperación, e é experta en desenvolvemento e en resposta de emerxencia a desastres humanitarios. Foi Presidenta do comité asesor do Fondo de Resposta a Emerxencias de Nacións Unidas ata principios deste ano. A súa experiencia compleméntase coa súa capacidade de xestión forte e inclusiva, o seu apaixonado compromiso coa infancia, e a súa práctica de programar con enfoque de resultados.

Previamente, foi Embaixadora de Países Baixos en Eritrea e Uganda, onde supervisou o desenvolvemento de programas de cooperación. Antes de incorporarse a UNICEF,Yoka Brandt traballou dende 2008 como Directora Xeral de Cooperación Internacional no Ministerio de Asuntos Exteriores de Países Baixos, e con anterioridade foi Directora Xeral Adxunta.Brandt ten un Máster en Xeografía e Desenvolvemento pola Universidade de Utrecht. Viviu e traballou en Uganda, Eritrea, Kenya e Suráfrica. Ocupará o seu novo cargo a inicios de 2012. "Damos a benvida a Yoka á nosa familia profesional e somos moi afortunados de que ela se unha a nós, " apuntou Anthony Lake.

Más información:

 

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]