A incesante violencia contra os nenos en República Centroafricana é unha afronta á humanidade

Dado que a violencia non diminuíu en República Centroafricana, a horrible matanza, o abuso e o dano que se inflixe aos nenos son unha afronta á humanidade, afirmou hoxe UNICEF.

"Durante moito tempo, a vida dos nenos en República Centroafricana non contou nin contará nesta crise esquecida", dixo o Director Executivo de UNICEF,Anthony Lake. "Os feitos están diante de nós. Este atroz conflito afecta agora a 2,3 millóns de nenos. Os nenos están a ser asasinados por ser cristiáns ou musulmáns. Vense obrigados a fuxir dos seus fogares e escóndense aterrorizados para evitar os combatentes. Os nenos son testemuña de terribles actos de violencia, están a ser recrutados por grupos armados - posiblemente ata 6.000. Estes ataques brutais contra os nenos son unha afronta á humanidade", engadiuLake. Máis de medio millón de persoas foron desprazadas ata o momento polo conflito, e os últimos informes mostran que unha media de tres persoas foron asasinadas nos combates só na segunda semana de decembro. A pesar da inestable situación de seguridade,UNICEF segue dando apoio aos servizos vitais para as familias desprazadas nas rexións afectadas polo conflito, incluíndo Bangui,Bossongoa e Kaga Bandoro. No que vai deste ano, UNICEF e os seus aliados vacinaron máis de 480.000 nenos menores de cinco anos contra o sarampelo. Máis de 47.000 persoas desprazadas - na súa maioría en Bossangoa - recibiron mantas, sabas de plástico, xabón e bidóns proporcionados porUNICEF. Ao redor de 280.000 persoas teñen acceso a auga potable. UNICEFsegue apoiando espazos seguros para os nenos para as actividades de educación e recreación, como parte dos esforzos para abordar o trauma que viviron moitos nenos. O venres, UNICEF enviou un avión con 77 toneladas métricas de mantas, xabón, bidóns de auga, medicinas, equipos de potabilización de auga, sabas de plástico, e kits de saúde e para partos a Bangui, a capital. Nos últimos 12 meses, UNICEFenviou catro avións de carga con subministracións vitais para as familias afectadas pola guerra.

"Todos debemos facer máis", dixo Lake. "Non obstante, a responsabilidade final para rematar con este conflito cruel e amargo, e deter o abuso dos nenos, recae naqueles que están a participar na violencia. As escolas, centros de saúde e centros de tránsito deben estar protexidos. E os que seguen facendo dano aos nenos deben ser responsabilizados por iso".

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]