A grave crise nutricional en Nixeria pon en risco a vida de 400.000 nenos

UNICEF dobra a petición de fondos necesaria para prestar asistencia humanitaria no nordés do país

UNICEF revisou o seu chamamento humanitario para Nixeria, aumentando os recursos necesarios de 55 millóns de dólares a 115 millóns para poder asistir a 750.000 persoas máis nas zonas en conflito no noroeste do país ás que até agora non se podía chegar.

A medida que a asistencia humanitaria vai chegando a novas zonas, está a porse de manifesto a dimensión real da crise relacionada con Boko Haram e o seu impacto nos nenos. Estímase que 400.000 nenos menores de 5 anos sufrirán desnutrición aguda grave este ano en 3 estados do nordés. Máis de 4 millóns de persoas enfróntanse a unha grave escaseza de alimentos e 65.000 viven en condicións de fame negra, a maioría no estado de Borno, o estado máis afectado.  
 
"As vidas dos nenos están literalmente pendendo dun fío", afirmaba Afshan Khan, director dos programas de emerxencia de UNICEF. "Estamos a chegar a zonas ás que antes non se podía chegar con asistencia humanitaria crítica, pero necesitamos un maior apoio internacional para seguir aumentándoa e chegar a todos os nenos en extrema necesidade", engadiu.
 
A destrución completa de cidades e pobos segue complicando a resposta. O 60% dos centros de saúde foron parcial ou completamente destruído, e o 75% das instalacións de auga e saneamento no estado de Borno necesitan rehabilitación.   
 
Case 1 millón de nenos viven desprazados no nordés do país, 1 millón están fóra do colexio e centos de miles fóronse afectados psicoloxicamente debido aos horrores polos que tiveron que pasar. 
 
A falta de acceso aos nenos, debido ao conflito, tamén deu lugar a un brote de polio no estado de Borno, onde se confirmaron en agosto e setembro 3 casos do virus da poliomielitis. O chamamento de fondos de UNICEF enmárcase dentro da posta en marcha dunha serie de campañas de emerxencia en materia de nutrición e inmunización contra a polio no nordés de Nixeria e nos países veciños, co obxectivo de chegar a 1,8 millóns de nenos, só no estado de Borno. A campaña de inmunización está ademais identificando e tratando a nenos con desnutrición grave.        
 
UNICEF aumentou a súa resposta nas áreas máis afectadas polo conflito relacionado con Boko Haram desde abril, apoiando a asistencia sanitaria e nutricional para nenos e nais, e axudando a fornecer auga potable e saneamento, servizos de protección infantil e oportunidades de aprendizaxe.
 
Desde o inicio de 2016, 2,6 millóns de persoas afectadas polo conflito tiveron acceso aos servizos preventivos de saúde apoiados por UNICEF, e case 75.000 nenos foron tratados de desnutrición  aguda grave no nordés de Nixeria. A construción e rehabilitación de pozos permitiu que case medio millón de persoas teña mellores accesos a auga potable. Os espazos seguros de aprendizaxe, a formación de profesores e material educativo axudaron a máis de 72.000 nenos a retomar a súa educación e a aproximadamente 133.000 nenos recibiron apoio psicosocial.   
 
Ata a data, só recibíronse 28 millóns de dólares dos 115 millóns do chamamento, o que supón un serio obstáculo para ampliar o plan de acción de UNICEF. 

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

 

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

snapcode unicef peque

@unicef_es