A frío ameaza a máis de 700.000 nenos no leste de Ucraína este inverno

UNICEF advirte de que as vidas duns 700.000 nenos e da poboación en xeral están en risco se non se repara de maneira urxente a rede de auga nas rexións afectadas polo conflito en Ucraína.

Os sistemas de calefacción centrais nas provincias orientais de Donetsk e Luhansk dependen da auga, pero o conflito danou as tubaxes e a infraestrutura, e os cascallos das pontes que foron destruídos están a impedir o fluxo da auga. Isto incrementa as posibilidades de conxelación, que poderían levar a unha parada do sistema que afectaría a subministración de auga, calefacción e electricidade, deixando aos nenos e adultos sen calefacción nunhas condicións de frío extremo.
 
"Temos que facer todo o que podamos para protexer aos nenos máis vulnerables durante os meses de inverno," dixo Giovanna Barberis, representante de UNICEF en Ucraína. "Isto significa que debemos garantir o acceso humanitario ás zonas onde as infraestruturas están danadas e reparalas. É inimaxinable pensar nin sequera nunha soa familia sen calefacción nesta época do ano", engadiu.
 
Hai un precedente de fallo nos sistemas centrais de calefacción en Ucraína. En 2006, no pobo de Alchevsk, na provincia de Luhansk, o equipo conxelouse e rompeu. Houbo que evacuar á maioría dos seus 120.000 habitantes.
 
"A realidade é que necesitamos reparar inmediatamente as infraestruturas de auga danadas en Luhansk e Donetsk", dixo William Fellows, responsable da sección de Auga, Saneamento e Hixiene de UNICEF Ucraína. "Non só porque a vida das persoas, debido aos danos na infraestrutura, está en perigo pola falta de auga para beber ou para a calefacción, senón tamén porque o tempo e os custos de reiniciar o sistema tras un fallo poderían ser enormes,"  afirmou.
 
O persoal das autoridades competentes sobre a auga e das organizacións humanitarias  xa está a arriscar a súa vida para manter a subministración de auga. A presenza de minas, restos de explosivos da guerra e municións non explotadas dificultan os esforzos para realizar as reparacións de forma segura.
 
Aínda hai restricións no acceso ás áreas non controladas polo goberno, establecidas polas autoridades de facto na provincia de Donetsk. Ademais, o corte dos servizos sociais e beneficios por parte do goberno de Ucraína aos habitantes desas zonas afectará negativamente ás familias e o seu uso dos servizos.
 
Se os sistemas centrais de calefacción fallan, a opción sería calefactores eléctricos e estufas de carbón. Con todo, se centos de miles de persoas dependen de electricidade adicional engadiríase máis presión ao sistema nun momento no que a xeración de electricidade xa estaría afectada as limitacións de auga, polo que podería producirse unha sobrecarga. Escolas, gardarías, residencias de anciáns e centros médicos poderían tamén ter graves problemas para continuar operando.
 
UNICEF fai un chamamento para garantir o acceso humanitario seguro ás áreas non controladas polo goberno en Ucraína oriental e proporcionar subministracións vitais aos nenos, eliminar a munición non explotada e reparar de maneira urxente a infraestrutura para que os sistemas de subministración de auga, rede de sumidoiros e calefacción sigan funcionando.

Materiais audiovisuales dispoñibles en: http://uni.cf/1PEo71b   

Más información:

Christophe Boulierac, UNICEF Xenebra, +41 79 963 92 44, [email protected]

Kristen Elsby, +41 22 909 5286, +41 79 938 8273, [email protected]

Veronika Vashchenko, UNICEF Kyiv, +38 044 254 2439, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051, [email protected]