Falecen 7 persoas polo brote de cólera en Costa de Marfil

A cólera alcanzou a zona de Abidxán, en Adjamé, provocando sete falecidos segundo as autoridades sanitarias locais.  

A cólera alcanzou a zona de Abidxán, en Adjamé, provocando sete falecidos segundo as autoridades sanitarias locais. "Ata o momento confirmáronse 35 casos e 7 falecidos, unha taxa de mortalidade do 20%, que é inaceptablemente alta" aseguraSylvie Dossou, representante deUNICEF en Costa de Marfil. "UNICEF está a traballar xunto aos seus aliados, incluída a Organización Mundial da Saúde (OMS) para responder ao brote. Comprometémonos a distribuír 250.000 pastillas de xabón, cinco kits para o tratamento da cólera, e 3.000 carteis con información de prevención urxindo á poboación a lavarse as mans con xabón, así como para promover prácticas de hixiene saudables. A cólera é totalmente prevenible, pero debemos actuar con rapidez para evitar que empeore a situación. " A cólera, unha infección diarreica aguda, é unha enfermidadeextremadamente virulenta. Afecta tanto a nenos coma a adultos e pode provocar a morte en só unhas horas, segundo aOMS. De calquera xeito é unha enfermidade doadamente tratable. Máis do 80% dos pacientes poden ser tratados con éxito administrando con rapidez sales de rehidratación oral (que custan menos de 0,10 dólares por tratamento). Os pacientes severamente deshidratados necesitan fluídos por vía intravenosa. "Os cinco kits contra a cólera conteñen suficientes medicamentos para tratar mil pacientes" asegura Eli Ramamonjisoa, especialista en saúde de UNICEF en Costa de Marfil. "Cada kit contén 800 pastillas potabilizadoras de auga, 300 sobres de sales de rehidratación oral, antibióticos, luvas de exploración de pacientes, agullas e 10 pastillas grandes de xabón. Ademais encargáronse outras 20.000 pastillas potabilizadoras de auga e 10.000 carteis informativos adicionais. "

Acerca de UNICEF
UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA. UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.

Más información:

Dailo Allí,
Xefe de Prensa de UNICEF España,
Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
[email protected]
www.unicef.es