A escaseza de auga agrava a miseria de millóns de persoas en Sirya

A vida dos nenos periga na busca de auga nalgunhas zonas do conflito

Mentres a guerra se recrúa en Sirya e unha onda de calor sacode o país, a evidencia de que as partes en conflito están a utilizar a auga para gañar posicións militares e políticas é cada vez maior.

Nos últimos meses, cinco millóns de persoas que viven en cidades e comunidades de todo o país sufriron as consecuencias de cortes prolongados e, a miúdo, deliberados, na subministración de auga.

Na cidade de Alepo, onde os enfrontamentos paralizaron o principal depósito de auga durante meses, UNICEF identificou 18 cortes deliberados na subministración durante este ano. Nalgunhas comunidades, as billas estiveron cortadas durante 17 días seguidos, e nalgunhas zonas da cidade durante un mes.

Ao non haber acceso a auga nos fogares, os nenos son os que se adoitan encargar de ir a buscar auga aos canos na rúa e outros puntos de recollida. Un enxeñeiro de UNICEF conta a historia dunha nena que estivo a facer cola durante horas para encher dous pequenos colectores e cando o fixo se decatou demasiado para ela de que pesaban. "A nena rompeu a chorar", recorda.

"A auga potable é tanto unha necesidade básica como un dereito fundamental, en Sirya e en calquera lugar," dixo Peter Salama, director rexional de UNICEF en Oriente Medio e África do Norte. "Negar á poboación civil o acceso á auga supón unha violación flagrante do dereito humanitario e debe rematar".

A imprevisibilidade da contenda converte a busca de auga en algo perigoso, mesmo mortal. Nas últimas semanas, o conflito levouse a vida de polo menos tres nenos mentres buscaban auga en Alepo.

Os cortes de auga tamén teñen outras consecuencias. Ás familias en Damasco, Dera'aAlepo e
outras zonas non lles queda outra opción que confiar nas fontes de auga subterránea desprotexidas e sen regulación, expoñendo os nenos a riscos de padecer diarrea, febres tifoides, hepatite e outras enfermidades. Nas últimas semanas, os prezos da auga disparáronse en Alepo ata un 3.000%, nun momento no que chegar a final de mes é un reto para as familias.

A crise da auga en Sirya agravouse xunto co conflito. A dispoñibilidade de auga no país é aproximadamente a metade da que había antes de que comezase a guerra en 2011. A continua violencia e os fortes enfrontamentos causaron graves danos aos canos e ao resto de infraestrutura da auga, e os técnicos municipais moitas veces non poden acometer as reparacións necesarias.

Os cortes eléctricos, tamén frecuentes, dificultan o bombeo de auga á poboación civil. Algunhas zonas só contan cunha hora de electricidade ao día e rexistráronse cortes de ata 4 días. A situación é especialmente grave para os millóns de familias desprazadas que teñen que compartir as escasas reservas de auga en refuxios sobrecargados.

Para maior sufrimento, Sirya, como outros moitos lugares da rexión, estase a ver afectada pola peor onda de calor nas últimas décadas. As temperaturas eAlepo disparáronse por enriba dos 40 graos nas últimas semanas.

UNICEF apela ás partes en con
flito a que tomen medidas urxentes para evitar máis sufrimento á poboación civil en Sirya:

· Deter os cortes de auga e todas as accións que interrompan a subministración pública de auga, en concordancia co dereito internacional humanitario.


· Deter todo ataque contra as instalacións de auga, plantas de tratamento, canos e infraestruturas.

· Protexer a seguridade dos técnicos e persoal que reparan as instalacións de subministración de auga.

· Absterse 
de atacar a poboación civil nos puntos de recollida de auga.

Nota para editores:

UNICEF calcula que ata cinco millóns de persoas están afectadas polos cortes de auga en Sirya que inclúen Alepo (2,3 millóns), Damasco (2,5 millóns) e Dera'a (250.000).

O apoio constante de UNICEF
 ao sector da auga en Sirya comprende:

  • Transporte de auga en camións para 500.000 persoas, incluíndo 400.000 en Alepo.
  • Rehabilitación de 94 pozos, proporcionando auga a 470.000 persoas.
  • Distribución de 300.000 litros de combustible para apoiar a subministración pública de auga en Alepo e Damasco.
  • Distribución de produtos de hixiene a máis de 660.000 persoas.

UNICEF necesita aínda 40 millóns de dólares para atender as necesidades de auga e saneamento da poboación dentro de Sirya.

Para visionar unha peza sobre o acceso de auga en Alepo

https://www.youtube.com/watch?v=PpUqFYPcQfQ

Más información:

Diana Valcárcel, Directora de Comunicación, UNICEF España, tel. 609 160 051, [email protected]

Juliette Touma, +962-79-867-4628, [email protected]