A educación e a protección, piares para salvagardar unha xeración de nenos sirios

A medida que a crise se recrúa, millóns de nenos máis encóntranse en risco

No último ano, 770.000 nenos afectados pola crise de Sirya continuaron os seus estudos a través de diferentes formatos e case 660.000 nenos recibiron apoio psicolóxico.

"Axudar aos nenos de Sirya é investir no futuro do país, xa que os nenos de hoxe serán os médicos, profesores, avogados e líderes do mañá. Apostar por esta xeración consiste en axudalos a adquirir as capacidades e o coñecemento que necesitarán para reconstruír as súas comunidades cando regrese a paz" dixo o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake. "Temos que curar os seus corazóns e as súas mentes. E hai moito máis por facer".


A crise de Sirya está a poñer en risco a unha xeración enteira de nenos, segundo advirte un informe de avaliación publicado hoxe pola iniciativa No Lost Generation(Non a unha xeración perdida) nun encontro entre gobernos, ONG e aliados das Nacións Unidas, que se mantivo paralelamente á Asemblea, Xeral da ONU.


O encontro na sede deUNICEF coincide co aniversario do chamamento que fixeron estes aliados hai un ano, no marco da Asemblea Xeral da ONU, para evitar a perda dunha xeración enteira de nenos sirios. Dende entón, lográronse importantes avances en levar apoio educativo e de protección a máis nenos, a pesar dos constantes enfrontamentos, o aumento dos desprazados e o empeoramento das condicións de vida de moitas familias.

. Nos países veciños que acollen refuxiados sirios, a matriculación en educación formal e non formal aumentou dende os 169.500 alumnos en 2013 aos 489.000 en 2014.

. 128.000 alumnos recibiron apoio para asistir ao colexio en zonas de guerra en Sirya.

. En 2014, 72.000 nenos dentro de Sirya e 587.000 nenos refuxiados que viven en países de acollida recibiron apoio psicosocial.

. 200.000 coidadores en Líbano recibiron programas de apoio deseñados para promover un ámbito educativo e previr o maltrato infantil.

 

O informe sinala que os adolescentes son particularmente vulnerables, xa que acumulan rabia e frustración pola súa situación, o que os fai máis susceptibles de adherirse a grupos armados. É fundamental xerar oportunidades para evitar que caian na violencia e o conflito.


A iniciativa No Lost Generationfixo un chamamento de 689 millóns de euros en 2014 para servizos de educación e protección en Sirya e os países de acollida. A día de hoxe, recadáronse 234 millóns de euros, o que supón unha brecha de 455 millóns ata alcanzar o obxectivo marcado.

 

Más información:

Raquel Fernández, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55