Dous anos despois do terremoto, a recuperación de Haití ofrece pequenas vitorias para a infancia

A Representante de UNICEF recorda que, a pesar dos avances, o país segue "acosado pola pobreza crónica e o subdesenvolvemento"

UNICEF lanza hoxe un informe que mostra que dous anos despois do terremoto que asolou parte de Haití, a situación dos nenos no país vai mellorando lentamente, aínda que aínda persisten retos cruciais.

Segundo o informe, hai claras evidencias de melloras e progreso para a infancia, particularmente nas áreas de educación, saúde, nutrición e protección infantil.UNICEF contribuíu a que máis de 750.000 nenos volvan á escola, dos que uns 80.000 asisten agora a clase en 193 escolas seguras e resistentes a sismos construídas pola organización. Máis de 120.000 nenos gozan do xogo en 520 espazos amigos da infancia. Máis de 15.000 nenos con desnutrición recibiron asistencia vital en 314 programas de alimentación terapéutica que apoia UNICEF. E 95 comunidades rurais emprenderon novos programas de mellora do saneamento. Na área de protección infantil, un gran paso foi que o goberno de Haití reforzou o seu marco legal para os nenos que viven en institucións. Antes do terremoto o goberno non sabía cantos nenos vivían en institucións - ou nin sequera onde estaban. Agora, co apoio de UNICEF, lanzouse o primeiro Directorio de Centros Residenciais de Asistencia; ata o momento foron avaliados máis da metade dos 650 centros do país; e foron inscritos máis de 13.400 nenos, dos 50.000 que se calcula que viven en centros residenciais. O goberno tamén asinou o Convenio da Faia sobre Adopción Internacional, que protexe os dereitos dos nenos, os seus pais biolóxicos, e os pais adoptivos, establecendo uns estándares básicos para as adopcións.

"Hai evidencias de pequenas vitorias en todas as partes, aínda que permanecen serias lagoas e deficiencias nas estruturas básicas de goberno de Haití",  dixo Françoise Gruloos-Ackermans, representante de UNICEF en Haití. "Non" nos equivoquemos: o país segue nunha situación fráxil, acosado pola pobreza crónica e o subdesenvolvemento. As súas débiles institucións deixan os nenos vulnerables ante cambios bruscos e o impacto do desastre". O informe sinala que a maioría dos 4.316.000 nenos menores de 18 anos aínda teñen opcións limitadas para a súa supervivencia, desenvolvemento e protección. Aínda que iniciaron 2012 cun novo goberno longamente esperado e un presuposto nacional, a infancia está afectada polos variados retos que persisten para un país no que as cicatrices do desastre aínda son visibles nas infraestruturas, as institucións e os sistemas sociais. Máis de medio millón de persoas viven aínda en máis de 800 diferentes áreas de desprazados en toda a zona afectada polo terremoto. Ao redor dun 77% vivía de aluguer antes do terremoto, o que significa que a maioría non ten fogares aos que regresar. O brote de cólera que se produciu tras o terremoto segue supoñendo unha carga adicional para servizos e infraestruturas xa severamente limitados. "O país necesitará apoio firme e forte para superar os retos que aínda afronta", sinalou Gruloos-Ackermans. "Mentres a cifra de mortes e o nivel de destrución polo terremoto foron sen par nos tempos modernos, os recursos mobilizados tras o desastre tamén foron excepcionais, " engadiu. "Xuntospresentan unha oportunidade única na vida para situar a Haití nunha traxectoria que deteña e dea marcha atrás a décadas de degradación e desgoberno".

No último ano do seu programa de transición para a recuperación tras o terremoto,UNICEF segue implementar simultáneamente unha combinación de asistencia humanitaria, desenvolvemento de capacidades para a reconstrución institucional e a incidencia política, co fin de facer fronte a retos agudos e crónicos que impiden o cumprimento dos dereitos da infancia. Non obstante, aínda faltan fondos. UNICEF necesita 24 millóns de dólares para atender necesidades humanitarias inmediatas en 2012 para apoiar a infancia vulnerable a través de cinco proxectos clave en saúde, nutrición, auga e saneamento, educación, e protección infantil. Outros 30 millóns de dólares son necesarios para asistencia ao desenvolvemento a longo prazo.UNICEF sostén que manter os nenos a salvo, saudables e aprendendo é un obxectivo común e compartido por pais, profesores, entidades públicas e privadas, organizacións relixiosas, o novo goberno e outros, en toda a nación. Unha ampla gama de aliados traballamos xuntos para innovar, resolver problemas e xerar o impulso que leve a un futuro sostible para os nenos de Haití.  

Para coñecer o informe completo  (en inglés):

http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/publicaciones/children-haiti-two-years-after

Más información:

Raquel Fernández, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en Facebook e Twitter

Visita a nosa televisión on line tv.unicef.es