Distribúense materiais escolares en Tacloban e Roxas, mentres a axuda de UNICEF continúa chegando a Filipinas

UNICEF está a distribuír kits de Escola nunha Maleta e materiais recreativos en Tacloban e Roxas para prestar asistencia aos nenos que aínda viven no medio do caos provocado polo supertifón Haiyan.

Máis de 350 kits de "Escola nunha maleta" chegaron aCebú o sábado pola mañá nun voo doado por KLM. Cada un dos kit contén suficientes cadernos e materiais de lectura, cálculo e matemáticas para 15.000 nenos a partir de 6 anos durante tres meses. Entre as subministracións hai tamén 99 tendas de campaña de gran tamaño que se utilizarán como aulas escolares e espazos seguros para os nenos. A carga inclúe ademais kits recreativos para polo menos 25.000 nenos de 6 a 15 anos que cursan educación básica e secundaria. Estes kits conteñen balóns de fútbol e de balonmán, redes de voleibol, frisbees e cordas para saltar, para que os nenos teñan a posibilidade de xogar individualmente ou en grupo.UNICEF calcula que 1,14 millóns de nenos en idade preescolar e escolar quedaron desprazados polo tifón. Ademais, miles de escolas estanse a utilizar como centros de evacuación, polo que os nenos non teñen ningún lugar onde estudar. Mesmo cando as persoas evacuadas abandonen as escolas, será necesario restauralas ou reconstruílas totalmente. Despois do enorme trauma que sufriron decenas de miles de nenos, o regreso ás clases pode volver darlles unha sensación de normalidade. O envío tamén incluía unha serie de subministracións farmacéuticas como amoxicilina, retinol e albendazol.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]