Día Internacional contra o Uso de Nenos Soldado: os nenos son cada vez máis vulnerables a ser recrutados e usados por grupos armados

Os nenos son cada vez máis vulnerables a ser recrutados e utilizado por grupos armados a medida que os conflitos son máis brutais, intensos e xeneralizados en todo o mundo, sinalaron hoxe UNICEF e a Oficina da Representante Especial do Secretario Xeral da ONU para a cuestión dos Nenos e os Conflitos Armados, con motivo do Día Internacional contra o Uso de Nenos Soldado hoxe 12 de febreiro.

"Aínda que os gobernos do mundo conseguiron avances á hora de recoñecer que os nenos non teñen cabida nos seus exércitos, o recrutamento de nenos soldado segue representando un problema enorme, especialmente cos grupos armados", indicou a Representante Especial, Leila Zerrougui. "Das 59 partes en conflito que o Secretario Xeral da ONU identificou polas súas graves violacións contra os nenos, 57 delas están a recrutar e utiliza nenos soldado", agregou.

UNICEF e a Oficina da Representante Especial fan un chamamento para que se adopten medidas urxentes co obxectivo de poñer fin ás graves violacións contra os nenos, incluíndo o seu recrutamento e uso por grupos armados. As partes en conflito deben cumprir as súas obrigas en virtude do Dereito Internacional.

"A liberación de todos os nenos por parte dos grupos armados débese levar a cabo sen demora. Non podemos esperar a que chegue a paz para axudar aos nenos atrapados no medio da guerra", afirmou a directora executiva adxunta de UNICEFYoka Brandt.
"Investir dun xeito que manteña os nenos afastados da fronte de batalla, en particular mediante a educación e o apoio económico, é absolutamente fundamental para o seu futuro e o futuro das súas sociedades", apostilou.

Decenas de miles de nenos e nenas están asociados a forzas e grupos armados nos conflitos que esgazan a máis de 20 países en todo o mundo. Moitos deles foron vítimas ou testemuñas de actos dunha brutalidade indescritible, ou víronse obrigados a participar neles.

  • En Afganistán, a pesar dos progresos para poñer fin ao recrutamento e o uso de nenos nas forzas de seguridade, os menores de idade continúan sendo recrutados por outras partes en conflito, como a rede Haqqani e os talibáns. Nos casos máis extremos, os nenos foron utilizados como terroristas suicidas ou para a fabricación de armas e o transporte de explosivos.
  • En República Centroafricana, nenos e nenas de ata 8 anos de idade foron recrutados e utilizados por todas as partes que interveñen no conflito para que participasen directamente en actos de violencia inter-étnica e relixiosa.
  • En República Democrática do Congo, Nacións Unidas documentou novos casos de recrutamento de nenos por parte de varios grupos armados que operan na zona oriental do país. Os nenos, nalgúns casos de tan só 10 anos, foron recrutados e utilizado como combatentes ou en funcións de apoio como carrexadores e cociñeiros. Segundo os informes, as nenas foron utilizadas como escravas sexuais ou foron vítimas doutras formas de violencia sexual.
  • En Iraq eSirya, os avances do ISIS e a proliferación de grupos armados fixeron aumentar aínda máis a vulnerabilidade dos nenos fronte ao recrutamento. Nenos de tan só 12 anos están a ser sometidos a unha formación militar e foron utilizados como informantes ou para realizar patrullas, integrar postos de control e custodiar lugares estratéxicos. Nalgúns casos, foron usados como terroristas suicidas e para levar a cabo execucións.

UNICEF traballa cos seus aliados para apoiar os nenos unha vez que son liberados polos grupos armados. Isto inclúe reunilos coas súas familias e proporcionarlles servizos de saúde, necesidades básicas e apoio psicolóxico, así como o acceso a programas de educación e formación.

Recentemente produciuse a liberación gradual duns 3.000 nenos por parte da Facción Cobra do Exército Democrático de Sudán do Sur (SSDA
). Máis de 500 nenos foron liberados durante as últimas dúas semanas e están a recibir apoio para volver á vida civil. Espérase que se produzan novas liberacións durante o próximo mes.

Acerca do Día Internacional contra o Uso de Nenos Soldado
O Día Internacional contra o Uso de Nenos Soldado empezouse a conmemorar o 12 de febreiro de 2002, cando entrou en vigor oProtocolo Facultativo da Convención sobre os Dereitos do Neno relativo á Participación de Nenos nos Conflitos Armados. Este protocolo foi aprobado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en maio de 2000 e foi ratificado por 159 estados.

Acerca da Representante Especial do Secretario Xeral da ONU para a cuestión dos Nenos e os Conflitos Armados
A Representante Especial do Secretario Xeral de Nacións Unidas para a cuestión dos Nenos e os Conflitos Armados é a principal defensora da ONU para a protección dos nenos afectados por conflitos armados e leva a súa situación aos órganos máis altos da ONU. Dende 1999, o compromiso sistemático do Consello de Seguridade da ONU facilitou establecer un marco sólido que permite á Representante Especial e ao sistema da ONU denunciar violacións graves contra os nenos, colaborar coas partes en conflito e responder a estes problemas.

Para obter máis información sobre a Oficina da Representante Especial, visite: https://childrenandarmedconflict.un.org/es/

Para ter acceso a material de arquivo de vídeo e fotografías de calidade, visite: http://uni.cf/1DFMo1j

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Melanie Sharpe, UNICEF Nova York [email protected] +1 917-251-7670

Stephanie Tremblay, Oficina da Representante Especial, [email protected], +1 917 288 5791

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]