Delaración de Anthony Lake, director executivo de UNICEF, sobre o aumento da violencia contra os nenos en Nixeria

As imaxes do acontecido no norte de Nixeria deben sacudir a conciencia do mundo.

Uns dous mil nenos, mulleres e anciáns inocentes foron masacrados en Baga.

Nenas e adolescentes foron enviados a morrer con bombas atadas ao seu peito en Maiduguri. E non o esquezamos, máis de duascentas nenas que foron roubadas ás súas familias, seguen sen aparecer.

Non podemos expresar só con palabras a nosa indignación nin aliviar a agonía de todos os que sofren pola violencia constante no norte de Nixeria.

Pero estas imaxes dos últimos días e todo o que implican para o futuro de Nixeria deberían impulsar unha acción efectiva. Isto non pode continuar así.

http://www.unicef.org/media/media_78424.html
Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Kate Donovan, UNICEF Media, + 1 917 378 2128, [email protected]

Thierry Delvigne-Jean, UNICEF Dakar, + 221 778192300, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, [email protected], 609 160 051 / 91 378 95 55