Declaración do Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, sobre a pausa humanitaria en Alepo, Siria

"Hoxe é outro día triste e perigoso para os nenos de Siria, en particular para aqueles que viven en Alepo.

Todos os nenos alí - todos os afectados- necesitan unha pausa inmediata ao conflito en Alepo, e cada segundo de cada minuto conta cando se trata de protexer e salvar a vida dos nenos. 

UNICEF continúa listo para prover de asistencia humanitaria de urxente necesidade como medicamentos, vacúas e suplementos nutricionais.
 
E estamos dispoñibles para apoiar a avaliación e reparación das instalacións eléctricas e de auga para prover de auga potable a todas as persoas de Alepo.
 
Máis de 100.000 nenos seguen atrapados na parte este de a cidade desde o mes de xullo.
 
Máis de 35.000 persoas foron desprazadas á zona occidental da cidade. 
 
Os nenos de Alepo non poden seguir vivindo baixo un medo constante a posibles ataques na que se converteu nunha das cidades máis perigosas do mundo.
 
Pero ata que haxa paz, necesítase desesperadamente unha pausa humanitaria, o cesamento do fogo e un acceso constante necesario para salvar vidas e salvar a esperanza".
 

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes. 

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

 

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

snapcode unicef peque

@unicef_es