Declaración do Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, sobre a crise de emigrantes e refuxiados en Europa
"Imaxes desalentadoras de cadáveres de nenos lavando as costas de Europa... asfixiados na parte de atrás de camións que cruzan as fronteiras...os seus pais desesperados atravesando con eles aramadas".
"A medida que a crise dos emigrantes e refuxiados se intensifica en
Europa, estas imaxes escandalosas non serán as últimas que impacten
ao mundo nas redes sociais, nas nosas pantallas de televisión e na
portada dos nosos xornais".
"Pero non é suficiente que o mundo se conmocione con estas imaxes.
A conmoción debe estar acompañada pola acción".
Porque a situación na que se encontran estes nenos non é nin pola
súa elección nin está baixo o seu control. Necesitan protección.
Teñen dereito á protección".
Urximos que se adopten as seguintes medidas:
1. Protexer estes nenos e nenas a través da prestación de servizos
esenciais en todo momento - incluíndo atención médica, alimentos,
apoio emocional e educación - e un refuxio adecuado para que os
emigrantes e refuxiados poidan vivir en familia.
2. Despregar un número axeitado de expertos en benestar infantil
capacitados para apoiar os nenos e as súas
familias.
3. Continuar as operacións de busca e rescate - non só no mar,
senón tamén en terra, xa que as familias se moven entre países - e
poñer todas as medidas para previr o abuso e a explotación dos
nenos emigrantes e refuxiados.
4. Poñer o interese superior do neno en primeiro lugar en todas as
decisións que se tomen con respecto a estes nenos - incluíndo os
casos de asilo.
Os nosos corazóns están hoxe coas familias que perderon aos seus
fillos nas costas, nas beiras, e ao longo dos camiños de Europa. A
medida que os debates sobre políticas teñen lugar, nunca debemos
perder de vista o carácter profundamente humano desta crise. Nin
dos nenos. Nin da súa escala".
"Polo menos un cuarto dos que buscan asilo en Europa son nenos.
Durante os primeiros seis meses deste ano, máis de 106.000 nenos
reclamaron asilo en Europa.
"E nunca debemos esquecer o que hai detrás de moitas das historias
das familias que buscan refuxio en Europa: conflitos terribles como
o de Sirya, que xa obrigou uns 2 millóns de nenos a fuxir do seu
país. Só o final destes conflitos poderá poñer fin á miseria de
tantas persoas".
Fotos e vídeos dispoñibles en: http://uni.cf/1LOQt9b