Declaración de UNICEF sobre a violencia en Sudán do Sur

UNICEF está profundamente alarmado polo rexurdimento da violencia Sudán do Sur e fai un chamamento a todas as partes a respectar os principios humanitarios e permitir o acceso sen restricións aos civís que o necesitan.

Despois de case tres anos de guerra, os civís son os máis afectados o conflito en Sudán do Sur, sendo as mulleres e os nenos quen enfrontan os maiores perigos e dificultades. Mentres o país vive o seu quinto ano de independencia, as vidas de millóns de nenos seguen estando marcadas polo sufrimento e a axitación.
 
"Os nenos e as súas familias en Sudán do Sur xa sufriron o suficiente pola violencia, o desprazamento e as matanzas neste brutal conflito. Chegou o momento de que a paz se converta en algo máis que un acordo sobre o papel, e tórnese unha realidade para aqueles que son máis vulnerables", dixo a directora rexional de UNICEF para África oriental e meridional, Leila Pakkala.
 
No centro de protección de civís de Nacións Unidas en Juba, que se vió afectado o estalido das hostilidades na noite do 8 de xullo, UNICEF e os seus aliados continúan ofrecendo apoio á poboación desprazada. Os equipos sobre o terreo están a aumentar os esforzos para proporcionar acceso aos servizos de saúde e nutrición, auga potable e saneamento tanto ás familias que xa se atopaban na zona e como ás que se desprazaron recentemente.
 
Estes feitos en Juba prodúcense pouco despois da escalada do conflito que tivo lugar nas últimas semanas noutras zonas do país, alterando a vida e os medios de subsistencia das persoas. En Wau, onde os combates desprazaron polo menos a 70.000 persoas desde finais de xuño, UNICEF e os seus aliados están a traballar día e noite para proporcionar asistencia aos nenos e as súas familias.

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.   

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]