Declaración de UNICEF sobre o ataque a unha escola en Mosul, Iraq

UNICEF está horrorizado polos informes da cidade do norte de Iraq, Mosul, na que se produciron múltiples vítimas infantís tras ser atacada directamente unha escola por un lume de morteiro o sábado 7 de xuño durante os enfrontamentos entre militares e as forzas do goberno.

Calquera ataque que se dirixe aos nenos ou as escolas é unha grave violación contra os dereitos do neno como se indica nas Resolucións 1612 e 1882 do Consello de Seguridade. As escolas son zonas de paz onde aos nenos se lles debe permitir xogar e aprender en condicións de seguridade, e as violacións deste tipo socavan os principios humanitarios básicos que todas as culturas, as relixións e os gobernos acordan, e intensifica aínda máis a espiral de violencia en Iraq.UNICEF condena este ataque e pide que se poña fin a todas as accións que poñen en perigo os nenos.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]