Declaración de UNICEF sobre a decisión do Tribunal Constitucional sobre as persoas de orixe haitiana nacidas na República Dominicana

"A decisión do Tribunal Constitucional da República Dominicana, pola que se priva do dereito á cidadanía ás persoas de orixe haitiana nacidas na República Dominicana, pode ter repercusións desvastadoras sobre miles de nenos. Sen unha nacionalidade, os nenos apátridas carecen de acceso aos programas de protección social básica, non poden obter certificados de educación nin graduarse, nin tampouco obter un documento de identidade ou un pasaporte. Sen estas proteccións e oportunidades básicas, estes nenos son máis vulnerables á explotación e o abuso.

"A decisión contradí numerosas decisións de tribunais e de tratados dos cales forma parte a República Dominicana, e contravén os principios básicos dos dereitos humanos. "Unha decisión de 2005 da Corte Interamericana de Dereitos Humanos sobre a cuestión da nacionalidade na República Dominicana, e as recomendacións realizadas polos órganos de tratados das Nacións Unidas e o Consello de Dereitos Humanos, establecen claramente que os casos relacionados coas violacións dos dereitos dos nenos son especialmente graves. "A República Dominicana é un Estado parte da Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas (2001), que articula claramente que en todas as accións dos estados relativas aos nenos, a consideración primaria debe ser o interese superior do neno. "En 2008, nas observacións finais para a República Dominicana, o Comité dos Dereitos do Neno sinalou que o dereito constitucional de adquirir unha nacionalidade por jussolis se rexeitaba frecuentemente no caso dos nenos que carecían de certificados oficiais de nacemento ou que naceran de pais cuxa residencia non se regularizara na República Dominicana. O Comité expresou a súa grave preocupación polo amplo número de nenos apátridas que xeraba esta política. "As disposicións da nova sentenza poden colocar estes nenos en risco de deportación, en violación dos principios articulados na Declaración Universal de Dereitos Humanos, especialmente os artigos 12 e 15.

"UNICEF exhorta o Goberno da República Dominicana a aprobar, co apoio do sistema das Nacións Unidas, un procedemento que protexa o dereito de todos os nenos a adquirir unha nacionalidade, de conformidade coas obrigas internacionais en materia de dereitos humanos do país. "UNICEF está preparado para apoiar ás autoridades da República Dominicana na identificación e implementación dos procedementos que permitan respectar plenamente os dereitos do neno. "

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]