Declaración de Peter Hawkins, representante de UNICEF en Iraq, sobre os nenos de Faluya

"Os nenos de Faluya seguen atrapados na cidade e arredores mentres a violencia intensifícase".

UNICEF estima que polo menos 20.000 nenos permanecen dentro da cidade de Faluya, 60 quilómetros ao oeste de Bagdad. Segundo os informes, os alimentos e os medicamentos están a acabarse e a auga limpa é escasa.

UNICEF estima que polo menos 20.000 nenos permanecen dentro da cidade de Faluya, 60 quilómetros ao oeste de Bagdad. Segundo os informes, os alimentos e os medicamentos están a acabarse e a auga limpa é escasa.
 
Desde o inicio da operación militar en Faluya, moi poucas familias puideron saír da cidade. A maioría destas familias trasladáronse a dous campamentos mentres outras buscaron refuxio cos seus familiares máis próximos.
 
Estamos preocupados pola protección dos nenos que se enfrontan á violencia extrema, que segue crecendo en Faluya e en todo Iraq. Os nenos enfróntanse ao risco do recrutamento forzoso, procedementos estritos de seguridade e á separación das súas familias.
 
Os nenos que son recrutados pola forza para loitar na contenda ven a súa vida e o seu futuro en perigo. ven forzados a levar e usar armas, loitando nunha guerra de adultos.
 
UNICEF fai un chamamento a todas as partes para protexer aos nenos que están dentro da cidade, proporcionar un tránsito seguro a aqueles que desexan saír da cidade e garantir unha contorna de seguridade aos civís que foxen de Faluya".
 

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes. 

Más información:

Para máis información:

Belén de Vicente.

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram