Declaración de Marzio Babille, Representante de UNICEF, sobre a morte de nenos en Iraq

As informacións que confirman a morte de 40 nenos pertencentes a grupos minoritarios -que se viran desprazados da cidade e do distrito de Sinjar pola violencia armada-, son extremadamente preocupantes.

Segundo informes oficiais recibidos por UNICEF, estes nenos da minoría Yazidi morreron como consecuencia directa da violencia, o desprazamento e a deshidratación que sufriron nos últimos dous días. As familias que fuxiron da zona necesitan axuda urxente, e os 25.000 nenos que están agora atrapados nas montañas que rodeanSinjar teñen a necesidade extrema de recibir axuda humanitaria incluíndo auga potable e saneamento.Sinjar, un distrito de Ninewa situado no noroeste de Iraq no que hai uns 150.000 nenos -moitos deles desprazados internos-, foi ocupado polo Estado Islámico (anteriormente coñecido como ISIS) o domingo. Os nenos son especialmente vulnerables, e tamén son os máis afectados pola violencia continua, o desprazamento e os enfrontamentos en Iraq. UNICEF reitera o seu chamamento urxente para que todos os nenos sexan protexidos e poidan recibir de xeito inmediato a axuda que necesitan para salvar as súas vidas.UNICEF fai un chamamento a aqueles que teñen influencia para que garantan o acceso libre e seguro dos nenos e as mulleres aos refuxios, así como a respectar a protección especial outorgada aos nenos baixo o amparo da Lei Humanitaria Internacional e de Dereitos Humanos. "

Máis información sobre a crise de Iraq:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/irak-la-crisis-provoca-un-gran-desplazamiento-de-ninos

As persoas que queiran contribuír ao traballo de UNICEF nesta emerxencia poden facelo aquí:

https://www.unicef.es/cooperacion-internacional/donar-ong/hacer-donacion/irak

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051

 [email protected]