Declaración de Julien Harneis, representante de UNICEF en Iemen
"O número de nenos asasinados en Iemen como resultado do conflito nas últimas semanas é catro veces maior que o total confirmado de asasinatos en 2014 *. Polo menos 279 nenos foron asasinados e 102 resultaron feridos dende que comezase a escalada de violencia en Iemen o 26 de marzo de 2015, comparado cos 74 e 244 respectivamente, rexistrados en todo o ano pasado.
O recrutamento e uso de nenos tamén aumentou bruscamente. En Iemen
os nenos son utilizados por grupos armados, nos puntos de control
ou como portadores de armas. En 2014, 156 nenos foron recrutados e
usados en grupos armados, mentres que en 2015 o número xa se
duplicou chegando a 318.
Os nenos seguen sendo asasinados, mutilados ou recrutados para
loitar en enfrontamentos. Deberían están seguros nas escolas e non
tratando de escapar das balas en primeira liña da fronte. Estes
nenos son o futuro de Iemen e deben ser protexidos en todo momento
e afastados do perigo.
UNICEF manifesta
a súa satisfacción ante o chamamento do Secretario Xeral de Nacións
Unidas para que teña lugar unha pausa humanitaria durante o mes
sagrado do Ramadán para permitir a asistencia a todos os iemenís
que necesitan axuda e proporcionar un respiro.
A violencia en Iemen non só devastou as vidas de millóns de nenos
senón que está a ter consecuencias aterradoras a longo prazo para o
seu futuro. De novo UNICEF destaca
a necesidade urxente de que todas as partes no conflito, e aqueles
que teñen influencia, rematen con esta violencia dunha vez por
todas".
* Recentemente publicouse información sobre violacións graves
contra os nenos en 2014 no informe anual sobre nenos e conflitos
armados do Secretario Xeral de Nacións Unidas.