Declaración de Anthony Lake, director executivo de UNICEF, sobre a situación dos nenos en Alepo, Siria

"Que ser humano pode ver o sufrimento aparvado de Omran Dagneesh, o neno pequeno rescatado dun edificio destruído en Alepo, Siria, e non sentir unha abafadora sensación de empatía?

Non podemos ofrecer esa mesma empatía aos máis de 100.000 nenos que están tamén atrapados no horror de Alepo? Todos eles están a padecer cousas que ningún neno debería sufrir, nin sequera ver.
 
Pero a empatía non é suficiente. A indignación non é suficiente. A empatía e a indignación deben ir acompañadas da acción.
 
Os nenos da idade de Omran, en Siria, non coñeceron máis que o horror desta guerra librada por adultos. Todos debemos esixir que eses mesmos adultos poñan fin ao pesadelo dos nenos de Alepo".

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes. 

Más información:

Para máis información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]