Declaración conxunta da OMS e UNICEF sobre as mortes de nenos en Idlib ao norte de Sirya
"UNICEF e a OMS están impactados e entristecidos ao ter coñecemento da morte de polo menos 15 nenos en Idlib, Sirya. As mortes destes nenos tiveron lugar nas zonas onde se estaba a levar a cabo unha campaña de vacinación contra o sarampelo.
É esencial que se estableza a causa precisa de morte dos nenos. Con ese fin, a OMSdespregou un equipo de expertos para apoiar os que levan a cabo a investigación en Idlib que informará á maior brevidade posible. A OMS tamén está a asesorar e proporciona protocolos para a investigación dos efectos adversos despois da vacinación. Mentres non se aclaren os feitos, o máis sensato é suspender a campaña de vacinación nas provincias de Idlib e Deir Ezzour. Non obstante, é esencial que a campaña de vacinación contra o sarampelo - enfermidade que causa a morte de nenos en todo o mundo - se continúe o antes posible. O sarampelo é unha ameaza en particular para os nenos que foron desprazados dos seus fogares e comunidades, e que están a vivir en campamentos ou noutras condicións insalubres".