David Bisbal, Amigo de UNICEF España

David Bisbal, Amigo de UNICEF España

O cantante coñece o traballo de UNICEF Venezuela, onde visitou a Fundación Musical Simón Bolívar creada polo mestre Abreu e mantivo un encontro con aliados comprometidos coa Iniciativa Comunitaria de Prevención de Violencia e Desenvolvemento Adolescente, apoiada por UNICEF en Venezuela

Caracas, Venezuela, 17 de novembro de 2011 - A Fundación Musical Simón Bolívar, Embaixadora de UNICEF en Venezuela, deu a benvida a Bisbal na súa sede, onde o cantante compartiu unhas horas con institucións públicas, organizacións sociais, nenos e adolescentes que forman parte da iniciativa de Prevención de Violencia e Desenvolvemento Adolescente. A Fundación Musical Simón Bolívar é o novo nome do Sistema Nacional de Orquestras Xuvenís e Infantís que lidera o mestre José Antonio Abreu e que recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes en 2008. Na súa sede de Caracas, David Bisbal coñeceu algunhas das accións queUNICEF e os seus aliados levan a cabo para promover o dereito ao bo trato cara á infancia e o desenvolvemento adolescente en barrios urbanos con altos graos de exclusión. As estratexias abordadas para tal fin son entre outras o deporte, a educación, a arte, ocio e recreo e a formación para o emprego. Desta forma, bríndanse ferramentas e habilidades aos máis novos co fin de que alcancen o seu máximo potencial e poidan gozar de todos os seus dereitos como membros da súa comunidade e cidadáns de Venezuela. "Paréceme imprescindible que se traballe para axudar aos adolescentes a superar situacións retadoras e lograr o mellor de si mesmos", expresou o cantante.

 
Con esta iniciativa UNICEF facilita a creación de redes formadas por un grupo heteroxéneo de aliados, incluíndo escolas, autoridades nacionais e locais, organizacións sociais e sectores empresariais, facendo posible ampliar o alcance, potenciar o impacto e garantir a sostibilidade das respostas a un problema tan complexo emultifacético como o da violencia. En palabras do Representante de UNICEFen Venezuela, José Paulo de Araújo, "moitas veces os adolescentes de áreas urbanas excluídas en todos os países do mundo enfróntanse a problemas circunstanciais que limitan as súas oportunidades de desenvolvemento e superación e atrápanos no círculo da violencia. Crear condicións que contribúan a garantir o seu dereito a desenvolverse nun ámbito libre de violencia é responsabilidade de todos e é o fundamento do traballo de UNICEF".UNICEF acompaña os esforzos nacionais para previr e eliminar todas as formas de violencia contra os nenos, nenas e adolescentes, construíndo ámbitos de protección na familia, a escola e a comunidade.

Tras conversar durante varias horas con nenos, nenas e adolescentes protagonistas desta iniciativa comunitaria, Davidsinalou que "a adolescencia é unha etapa crucial na vida dun ser humano e posiblemente a máis creativa. Todos os adolescentes son axentes de cambio social, non obstante moitas veces vémolos só como fonte de problemas e non como parte da solución. " "Sendo músico estou impresionado de como o Sistema de Orquestras lles ofrece a oportunidade a rapaces e rapazas de desenvolver o seu talento", engadiu.  
 
Amigo de UNICEF
 
Aproveitando a súa visita a Venezuela, David Bisbal foi recoñecido como Amigo deUNICEF España despois de sete anos de colaboración continuada en campañas e iniciativas orientadas á sensibilización da opinión pública sobre a situación da infancia, a Educación para o Desenvolvemento e a mobilización de fondos para os programas de UNICEF no terreo. Ao longo desta traxectoria de colaboración, David Bisbal demostrou un firme compromiso cos dereitos da infancia e coa importancia de centrar os esforzos de desenvolvemento nos máis excluídos. Declarándose "orgulloso" polo nomeamento, a partir de agora o cantante almeriense de proxección internacional convértese en voceiro da situación da infancia e en promotor dos dereitos dos nenos e os adolescentes.  

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, 91 378 95 55 / [email protected]