David Beckham, Embaixador de Boa Vontade de UNICEF, agradece o apoio dado á emerxencia en Filipinas

Beckham pide apoio para os nenos que sofren situacións de crise en todo o mundo como en Sirya, República Centroafricana ou Sudán do Sur

Cen días despois de que o desvastador tifón Haiyan azoutase Filipinas, o Embaixador de Boa Vontade de UNICEF, David Beckham, viaxou ao país para coñecer o estado dos nenos que lograron sobrevivir.

Beckham, de 38 anos, apoiou o chamamento de emerxencia realizado por UNICEF despois de que o tifón golpease o país en novembro de 2013, polo que quixo visitar algunhas das zonas máis afectadas de Tacloban, en Leyte. Miles de persoas morreron no desastre, e máis de 1,7 millóns de nenos quedaron sen fogar. Os nenos afectados polo tifónHaiyan corrían o risco de contraer enfermidades, quedarse atrás nos seus estudos ou sufrir abusos e explotación. Durante os últimos dous días, Beckhamviu en persoa o traballo de emerxencia de UNICEF que resulta vital para os nenos. O xogador visitou un Espazo Amigo da Infancia e un centro de saúde enTacloban, para comprender a importancia da vacinación e a atención médica para os nenos en caso de desastre. O Embaixador de Boa Vontade de UNICEF tamén se reuniu con nenos e familias cuxas vivendas foron completamente destruídas polo tifón. "Como pai, foi profundamente conmovedor coñecer nenos de tan só dous anos que se quedaron sen nada máis que a roupa que levaban posta cando o mar e a tormenta de auga arrasou as súas aldeas durante o tifón", explicou o ex futbolista, que é Embaixador de Boa Vontade de UNICEF dende 2005. "Algúns nenos cos que falei perderan os seus pais ou irmáns e irmás en circunstancias incriblemente aterradoras. Foi desvastador oílos falar" engadiu Beckham.Beckham visitou a escola SantoNino, en Tanauan, onde participou axudando a distribuír os libros de exercicios entre os nenos e xogou un partido de fútbol entre as ruínas da escola. Grazas a UNICEF e os seus aliados, uns 420.000 nenos das zonas máis afectadas xa están de volta nas escolas, en aulas improvisadas ou en tendas de campaña utilizadas para dar clase, onde utilizan materiais como escola nunha maleta, ou os kits recreativos e de primeira infancia.

UNICEF está a traballar co goberno de Filipinas, aliados locais e comunidades para axudarlles a estar aínda mellor preparados ante futuras crises. "Os nenos que se viron atrapados por Haiyan aínda están traumatizados polas experiencias vividas e necesitan asistencia constante", dixoBeckham. "UNICEF distribuíu subministracións para salvar vidas nada máis azoutar o tifón e quedaranse tanto tempo como necesiten os nenos, aos que non deixarán nunca sentirse mal. " En todo o mundo, UNICEF está a traballar día e noite para axudar aos nenos que sofren outras situacións de emerxencia como en Sirya, República Centroafricana ou Sudán do Sur. "Aquí en Filipinas vin como as doazóns realizadas poden ter un efecto incrible na vida dos nenos en casos de emerxencia", explicouBeckham. "Neste momento, millóns de nenos doutras partes do mundo teñen necesidades urxentes xa sexa pola crise de Sirya ou polo conflito en Sudán do Sur " dixo o ex futbolista. "A pesar de que algunhas destas crises non aparecen en titulares, non debemos esquecer que estes nenos viven unhas circunstancias dramáticas polo que insto a que toda a sociedade faga todo o posible, como o fixeron de xeito tan incrible no pasado, para axudar a organizacións como UNICEF a realizar un esforzo extraordinario por estes nenos cada día" concluíu Beckham.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]