Cúmprese a meta sobre auga potable do Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio

A meta de saneamento segue estando moi atrasada

O mundo cumpriu coa meta dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio de reducir á metade a proporción de persoas sen acceso á auga potable moito antes da data límite de 2015, segundo un informe publicado hoxe por UNICEF e a Organización Mundial da Saúde (OMS). Entre 1990 e 2010, máis de 2.000 millóns de persoas obtiveron acceso a fontes melloradas de auga potable, como por exemplo subministración de auga por medio de canalizacións e pozos protexidos.  

O Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, dixo:"Hoy recoñecemos un gran logro para os pobos do mundo. Trátase dunha das primeiras metas dosODM que teñen cumplido.El éxito nos esforzos para proporcionar un maior acceso á auga potable é un testemuño para todos aqueles que consideran os ODM non como un sono, senón como unha ferramenta vital para mellorar as vidas de millóns das persoas máis pobres". O informe, Progress on Drinking Waterand Sanitation 2012 (Progreso sobre a auga potable e saneamiento2012),publicado polo Programa Conxunto para a Monitorización do Abastecemento de Auga e Saneamento, deUNICEF e a OMS, di que a finais de 2010 un 89% da poboación mundial, ou 6.100 millóns de persoas, utilizaban fontes melloradas de auga potable. Trátase dun 1% máis que a cifra que se indicaba na meta dos ODM, un 88%. O informe estima que, en 2015, o 92% da poboación mundial terá acceso á auga potable. "Especialmente para os nenos, esta é unha boa noticia", dixo o Director Executivo de UNICEF,Anthony Lake. " Máis de 3.000 nenos morren todos os días a causa das enfermidades diarreicas. O logro deste obxectivo será moi importante para salvar as vidas dos nenos".Lake advertiu que aínda non é posible declarar vitoria, xa que polo menos o 11% da poboación mundial -783 millóns de persoas- non ten acceso aínda á auga potable, e miles de millóns non reciben aínda servizos de saneamento.  

"As cifras seguen sendo abafadoras", dixo, " pero os progresos anunciados hoxe son unha proba de que os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio se poden cumprir con vontade, esforzo e financiamento". O informe destaca, non obstante, que o mundo está aínda lonxe de alcanzar a meta de saneamento dos ODM, e é improbable que o faga para o ano 2015. Só o 63% dos habitantes do mundo teñen acceso a un saneamento mellorado, unha cifra que soamente aumentará a un 67% en 2015, moi por debaixo do obxectivo do 75% que figura nos ODM. Na actualidade, 2,5 millóns de persoas aínda carecen de saneamento axeitado.UNICEF e a OMS tamén advertiron que, dado que non é posible medir a nivel mundial a calidade da auga, o progreso cara á meta de auga potable do ODM se mide por medio da recompilación de datos sobre o uso de fontes melloradas de auga potable. É preciso realizar esforzos considerables para garantir que as fontes melloradas de auga sexan e sigan sendo seguras. "A auga, o saneamento e a hixiene mellorados son a clave para impulsar a saúde e o desenvolvemento humanos", dixo a Directora Xeral da OMS, a Dra.Margaret Chan. Hoxe en día, mesmo a pesar deste interesante progreso," case o 10% de todas as enfermidades seguen vinculadas á mala calidade da auga, do saneamento e da hixiene.

O informe pon de relevo os enormes problemas que aínda queda por resolver. As cifras globais ocultan grandes disparidades entre rexións e países, e dentro dos países. Só o 61% dos habitantes de África subsahariana ten acceso a fontes melloradas de abastecemento de auga en comparación co 90% ou máis en América Latina e o Caribe, África do Norte e gran parte de Asia. Máis do 40% de todas as persoas no mundo que carecen de acceso á auga potable viven en África subsahariana. O informe confirma que nos casos en que non é posible acceder doadamente ao abastecemento de auga, a carga de transportar a auga recae de xeito desproporcionado nas mulleres e nenas. En moitos países, o acceso á auga e saneamento mellorou en boa medida entre a poboación máis rica, mentres que os máis pobres aínda se encontran moi demorados. O informe proporciona a última actualización das zonas rurais de todo o mundo, e destaca a necesidade de conceder unha maior atención á auga e o saneamento. Nas zonas rurais dos países menos adiantados, 97 de cada 100 persoas non teñen auga entubada e o 14% da poboación bebe auga de superficie, como por exemplo dos ríos, estanques ou lagos. Dos 1.100 millóns de persoas que aínda practican a defecación ao aire libre, a gran maioría (949 millóns) vive en zonas rurais. Isto afecta mesmo ás rexións con altos niveis de acceso a auga mellorada. Por exemplo, o 17% da poboación rural de América Latina e o Caribe e o 9% do norte de África aínda defecan ao aire libre. Mesmo nos países con economías de rápido crecemento hai un gran número de persoas que practican a defecación ao aire libre: 626 millóns na India, 14 millóns en China e 7,2 millóns no Brasil.  

"Alcanzamos unha meta importante, pero non podemos deternos aquí",dixo o Secretario Xeral. O noso seguinte paso debe ser chegar ás persoas ás cales resulta máis difícil alcanzar, os máis pobres e máis desfavorecidos do mundo. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas recoñeceu que a auga potable e o saneamento son dereitos humanos. Iso significa que debemos asegurar que todas as persoas teñan acceso".  

O informe e os datos dos países estarán dispoñibles no sitio web de JMPwww.wssinfo.org e no sitio web daOMS  www.who.int/water_sanitation_health e no sitio web de estatísticas de UNICEF  :www.childinfo.org e www.unicef.org

Unha declaración en vídeo da Organización Mundial da Saúde está dispoñible en inglés, francés e español en  www.who.int/phe

Todos os comunicados de prensa, follas informativas e outros materiais para os medios de comunicación do JMP pódense consultar en www.who.int e www.unicef.org

Atención ás emisoras: hai material de arquivo sobre temas de auga e saneamento dispoñible en  www.thenewsmarket.com/unicef

Más información:

Sra. Nada Osseiran, Oficial de Comunicaciones, OMS, Xenebra,

Tel. + 4122 7914475 / Móvil +4179 445 1624,

Correo electrónico:[email protected]

 

Sr. Gregory Hartl, Coordinador de Comunicaciones, OMS, Xenebra,

Tel: +4122 791 4458 / Móvil +4179 203 67 15

E-mail:[email protected]

 

Sra. Rita Ann Wallace, Oficial de prensa, UNICEF, Nova York,

Tel + 1 212 326 7586 / Móvil + 917-213-4034,

Correo electrónico:[email protected]

 

Sr. Jeremy Hartley, Director de Comunicación de UNICEF en Xenebra,

Tel. + 41 22 909 5406 / Móvil + 41 79 559-7172

Correo electrónico:[email protected]

UNICEF España, 665 62 97 60 / 91 378 86 01

[email protected]