Comunicado de UNICEF acerca da Declaración de Nova York sobre Refuxiados e Migrantes

A Declaración de Nova York sobre Refuxiados e Migrantes é un primeiro paso para abordar o nivel sen precedentes de mobilidade humana ao que o mundo fai fronte.

A Declaración propón unha resposta máis integral, previsible e sustentable ao desprazamento forzado, e un sistema de gobernanza para a migración internacional. A énfase en que os Estados Membros deben cumprir coas súas obrigacións en relación á Convención sobre os Dereitos do Neno, é un paso crucial para asegurar os dereitos dos nenos en tránsito. 

A Declaración pon de relevo os graves riscos aos que os nenos migrantes e refuxiados fan fronte, especialmente aqueles que se desprazan sós, e a necesidade de darlles protección especializada. Isto inclúe, fundamentalmente, o compromiso de asegurar que poden volver ao colexio unha vez chegan aos seus países de destino, e medidas para manter ás familias unidas e combater a xenofobia.  
 
Durante os próximos 2 anos, UNICEF traballará cos Estados Membros, aliados de Nacións Unidas, a sociedade civil e a infancia, para definir accións concretas e específicas que protexan a todos os nenos desarraigados dos seus fogares. UNICEF fai un chamamento á comunidade internacional para centrarse en 6 accións específicas que apoien aos nenos desprazados, refuxiados e migrantes:
 
A Declaración pon de relevo os graves riscos aos que os nenos migrantes e refuxiados fan fronte, especialmente aqueles que se desprazan sós, e a necesidade de darlles protección especializada. Isto inclúe, fundamentalmente, o compromiso de asegurar que poden volver ao colexio unha vez chegan aos seus países de destino, e medidas para manter ás familias unidas e combater a xenofobia.  
 
§  Protexer aos nenos refuxiados e migrantes da explotación e a violencia, especialmente aos nenos non acompañados.
 
§  Acabar coa detención de nenos que buscan refuxio ou migran, introducindo unha serie de alternativas prácticas.
 
§  Manter a unión familiar como a mellor maneira de protexer aos nenos e darlles un status legal.
 
§  Manter o acceso dos nenos refuxiados e migrantes á educación e os servizos de saúde.
 
§  Incidir sobre as causas subxacentes dos movementos de gran escala de persoas refuxiadas e migrantes.
 
§  Promover medidas para combater a xenofobia, a discriminación e a marginalización.
 

Para descargar vídeos e fotos:

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.  

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

 

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

snapcode unicef peque

@unicef_es