Cinco organizacións urxen aos cidadáns a que expresen a súa indignación e reclamen medidas para evitar que se perda unha xeración en Sirya

As organizacións advirten de que os nenos non poden permitirse outro ano de derramamento de sangue, sufrimento e carencias educativas

UNICEF, a Axencia da ONU para os Refuxiados (ACNUR), Mercy Corps, Save the Children e World Vision fixeron hoxe un chamamento urxente aos cidadáns para que alcen a voz coa súa indignación ante o impacto desvastador nos nenos e as alarmantes consecuencias a longo prazo dunha xeración perdida, cando o conflito de Sirya se achega ao seu cuarto ano.

Preto de 5,5 millóns de nenos están agora afectados dentro de Sirya e nos países veciños. As cinco organizacións avisan de que se non se rematan o horror implacable e o sufrimento dos nenos e sen un aumento do investimento na súa educación e a súa protección, Sirya e a rexión poderían perder unha xeración enteira. As organizacións piden aos cidadáns que se unan a unha chamada masiva á acción a través de http://chn.ge/1mroson (http://bit.ly/nolostgeneration). A chamada á acción está dirixida a todos aqueles que teñen a responsabilidade e a capacidade de rematar co sufrimento da infancia e salvagardar o seu futuro. Ademais, para a protección inmediata dos nenos, a chamada á acción subliña a importancia de romper o círculo da violencia e proporcionar á infancia e a xuventude o apoio que necesitan para xogar un rol construtivo na paz e a estabilidade futuras de Sirya e a rexión. As cinco demandas son:

. O fin da violencia contra os nenos de Sirya. Todos os implicados na contenda deben respectar plenamente as leis humanitarias, poñer fin ao recrutamento de nenos, e comprometerse nunha resolución pacífica deste conflito. . O fin do bloqueo á asistencia humanitaria. Débese permitir ás organizacións humanitarias que poidan chegar con garantías de seguridade a todos aqueles que están a sufrir. . O fin dos ataques a traballadores e a infraestruturas humanitarias, especialmente escolas e hospitais. . Un compromiso renovado pola reconciliación e a tolerancia - liderado por todas as comunidades afectadas polo conflito e involucrando os nenos e os mozos. . Máis investimento na educación e a protección psicolóxica de todos os nenos afectados polo conflito. Os nenos necesitan axuda para recuperarse dos traumas aos que se enfrontaron e adquirir as habilidades que necesitarán para axudar a reconstruír o seu país e fortalecer a estabilidade da rexión. O chamamento público persegue sumar polo menos un millón de voces de apoio antes de que a guerra de Sirya alcance o final do seu terceiro ano o próximo 15 de marzo.

###Para unirse ao chamamento, por favor segue este linken change.org: http://bit.ly/nolostgenerationAviso para medios: recursos e vídeos en calidade de emisión, e fotos, dispoñibles en http://weshare.unicef.org/mediaresourcesHashtags da campaña: #childrenofsyria #niñosdeSiria #NOlostgeneration

Más información:

Dailo Alli, UNICEF España, [email protected], +34 609 160 051

María Jesús Vega, ACNUR/UNHCR España, [email protected], + 34 91 5563649, + 34 670 661263

Claudia Moreno, World Vision International, [email protected] +34 663 035 552 / +34 91 354 50 20

Cassandra Nelson, Mercy Corps, [email protected], +44-778-628-175, +1-718-414-4324

Mariluz García, Save the Children International, [email protected], +34 618272070