Ciclón Pam: 82.000 nenos necesitan asistencia humanitaria

Ante a grave escaseza de fondos, UNICEF fai un novo chamamento para atender á infancia

UNICEF ten só arredor do 15 por cento dos fondos que se necesitan para levar axuda vital a miles de nenos e as súas familias despois da devastación causada polo ciclón Pam en Vanuatu e outras illas do Pacífico. A organización anunciou este déficit de financiamento á vez que fixo un novo chamamento humanitario de 4,8 millóns de dólares (4,4 millóns de euros), como parte dunha petición maior por valor de 29,9 millóns de dólares (27,3 millóns de euros), lanzada hoxe por Nacións Unidas.

Ao redor de 82.000 nenos -aproximadamente dous terzos de todos os nenos de Vanuatu- necesitan asistencia humanitaria.

UNICEF estase a centrar en asegurar que os nenos e as súas familias -así como as comunidades afectadas en Tuvalu, as Illas Salomón e Kiribati- teñan acceso a auga potable, saneamento e hixiene, e a servizos de saúde, incluíndo vacinas. UNICEF está a proporcionar tratamento para a diarrea, coidados aos recén nacidos e suplementos de nutrientes, mentres se protexe os nenos da violencia, a explotación e o abuso.

"Os nenos, especialmente os que están en illas difíciles de alcanzar, están en serio perigo agora", di Karen Allen, representante de UNICEF Pacífico. "O acceso a auga segura continúa sendo fundamental, con case todas as illas en Vanuatu sufrindo graves cortes de auga, mentres que hai un risco significativo de enfermidades debido ás inundacións, un saneamento pobre e unha atención médica limitada,".

"Afortunadamente a preparación ante emerxencias, incluíndo os sistemas de alarma e o uso de materiais lixeiros nas vivendas, evitou un número maior de vítimas", continúa Allen. "As subministracións de axuda están a empezar a chegar á xente, aínda que a loxística continúa sendo difícil e cara,".

As escolas reabriron oficialmente hoxe; non obstante, o 80 por cento delas foron danadas, 34 utilizadas como centros de evacuación e os aloxamentos dos profesores tamén foron destruídos. UNICEF está a traballar
para garantir que máis de 50.000 nenos afectados polo ciclón volvan a clase o antes posible.

Ata o 23 de marzo, UNICEF recibira uns 769.000 dólares para a resposta de emerxencia ante o ciclón Pam.

Comprometemos 2,7 millóns de dólares na adquisición e custos de transporte, dos que parte son fondos en préstamos que deben ser reembolsados", di Allen. "As subministracións vitais están a chegar, pero necesitamos urxentemente máis fondos para chegar a máis nenos que o necesitan des
esperadamente, especialmente en illas remotas,".

A resposta de axuda tras o ciclón Pam implica grandes retos loxísticos. Kiribati, Illas Salomón, Tuvalu e Vanuatu están formados por numerosas illas (só Vanuatu ten 83), o cal implica altos custos na obtención e distribución de subministracións.

Imaxes e videos dispoñibles para a súa descarga (por favor incluír crédito UNICEF):

Novas fotos e vídeos:

http://uni.cf/1Eh6Z8J

Últimas historias, incluíndo declaracións do persoal no terreo:

http://unicefeapro.blogspot.com/

Canal de YouTube de UNICEF Pacífico: https://www.youtube.com/playlist?list=PLKIZuPp2cWuWygdPD48tu039JdFfjKCdJ

Para contribuir ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

https://www.unicef.es/cooperacion-internacional/donar-ong/hacer-donacion/fondo-de-emergencias

Por teléfono: 902 31 41 31 (luns a venres de 9 a 22 h, sábados de 11 a 17 h.)

Más información:

Alice Clements (Vanuatu), Tel: +678 546 7132, [email protected]

Andrew Brown (Bangkok), Tel: + 66 2 356 9407 [email protected]

Rose Foley (New York), Tel: +12123037987 [email protected]

Belén de Vicente (UNICEF España), Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.