Chegan a Saná subministracións médicas para os nenos

A primeira ponte aérea de UNICEF aterra no medio da continua violencia en Iemen

Unha primeira ponte aérea de UNICEF con subministracións médicas urxentes descargouse na pista do Aeroporto Internacional de Saná, en Iemen, onde o conflito segue causando estragos os nenos e as súas familias.

"A situación humanitaria está a empeorar a cada anaco, co acceso cada vez máis limitado a auga, saneamento e servizos críticos de saúde", dixo o Representante de UNICEF en Iemen Julien Harneis falando dende a capital xordana, Ammán. "As subministracións que logramos descargar hoxe poden marcar a diferenza entre a vida e a morte para os nenos e as súas familias - pero sabemos que non son suficientes e estamos a planificar máis destes envíos.

As 16 toneladas de equipos e subministracións médicas e de auga que acaban de aterrar serán postas a disposición das organizacións que traballan sobre o terreo en Iemen para salvar vidas.

Dende o Centro de Subministracións de UNICEF en Dinamarca, vía Djibouti, trasladáronse antibióticos, vendas, xiringas e outras subministracións médicas para un máximo de 80.000 persoas, micronutrientes para 20.000 nenos e materiais de almacenamento de auga.

Miles de familias en todo o país deixaron os seus fogares en busca de lugares máis seguros para quedar mentres aumenta a tensión nos hospitais que loitan para manexar o gran número de vítimas con subministracións insuficientes. UNICEF advertiu dun maior risco de brotes de enfermidades xa que os sistemas de auga e saneamento foron destruídos.

Os equipos de UNICEF no terreo en Iemen están a traballar con aliados, mentres as c
ondicións de seguridade o permiten, para ofrecer ás familias servizos esenciais incluída vacinación, auga potable e apoio á difusión de mensaxes a través dos medios de comunicación nacionais para alertar os nenos e pais sobre os perigos das municións sen explotar.

Más información:

Rajat Madhok, UNICEF Yemen currently in Amman, +962 79 827 0912, [email protected]   

Simon Ingram, UNICEF Regional Office in Amman, +962 79 590 4740, [email protected]

Chris Tidey, UNICEF New York, +1917 909 9542, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]