Chegan a Liberia 68 toneladas de subministracións de UNICEF, que amplía a súa resposta contra o ébola

Este cargamento axudará ao goberno de Liberia a reabastecer e reabrir clínicas e hospitais. UNICEF tamén traballa na prevención da enfermidade.

Un avión de carga con 68 toneladas métricas de subministracións de saúde e hixiene de UNICEF aterrou en Monrovia o sábado, día 23, pola mañá, levando subministracións de necesidade urxente para combater o peor brote de ébola da historia.
 

Este cargamento, procedente do almacén mundial de subministracións de UNICEF en Copenhague, contén produtos básicos de emerxencia para os traballadores de saúde en primeira liña para que se protexan e para evitar a propagación da infección. O envío incluía 27 toneladas métricas de cloro concentrado para desinfección e purificación de auga, e 450.000 pares de luvas de látex.  A bordo tamén había subministracións de produtos intravenosos, saes de rehidratación oral e alimento terapéutico listo para usar para alimentar a pacientes en tratamento.
 
O Ministro de Saúde e Benestar de Liberia e representantes de UNICEF esperaban o avión coas subministracións que serán distribuídos a instalacións sanitarias de todo o país, moitas das cales teñen falta de materiais básicos de atención sanitaria.
 
"UNICEF foi amigo e socio de Liberia durante décadas e estivo aquí durante algúns dos nosos días máis escuros", dixo Tolbert Nyenswah,  Ministro Asistente de Saúde e Benestar e manager nacional da resposta ante o ébola en Liberia. "Estamos moi agradecidos por estas subministracións, que nos axudarán para empezar a desinfectar, reabastecer e reabrir clínicas e hospitais para que poidan renovar a prestación de servizos esenciais de saúde aos liberianos".
 
A data do venres, 20 de agosto, había máis de 1.000 casos confirmados como sospeitosos de ébola en Liberia, con 613 mortes vinculadas ao brote. A rápida propagación da enfermidade débese en parte ao débil sistema de atención sanitaria do país, seriamente danado polos anos de guerra civil.  
 
"A atención sanitaria básica non pode ser a próxima vítima do ébola," dixo Sheldon Yett, representante de UNICEF Liberia. "UNICEF estivo traballando en múltiples frontes dende o inicio do brote para proporcionar subministracións de necesidade crítica e fortalecendo ás comunidades coa información que necesitan para frear a propagación da enfermidade. Este cargamento complementará eses esforzos con máis subministracións para as instalacións sanitarias, apoiar o control da infección, e protexer aos traballadores de saúde que están en primeira liña".
 Estas subministracións foron adquiridos e entregados co apoio do equipo de resposta ao desastre do ébola de USAID, que coordina os esforzos do goberno de Estados Unidos para frear a expansión do ébola.  "Enfrontámonos ao brote de ébola mais devastador da historia", apuntou o responsable do equipo de resposta ao desastre do ébola de USAID Tim Callaghan. "Controlar isto levará un esforzo global coordinado. Traballamos con UNICEF durante meses para asegurar que o equipamento médico e mensaxes esenciais chegan ás persoas e lugares que máis o necesitan".
 
A próxima semana UNICEF enviará subministracións de saúde adicionais en nome do goberno de Liberia, algo que é posible grazas ao financiamento do Banco Mundial. UNICEF tamén axudará ao goberno a avaliar a capacidade da cadea de subministracións do país, que quedou debilitada por esta crise.
 
UNICEF xa proporcionou materiais e apoio técnico por valor de dous millóns de dólares, incluíndo:

  •  subministracións sanitarias,
  •  equipo de protección para traballadores sanitarios,
  •  cloro, sprays e outros artigos de auga, saneamento e hixiene, para apoiar o control da infección,
  •  motocicletas e outros elementos de apoio loxístico para que os traballadores comunitarios de saúde e outros aliados poidan ir dun lado a outro.

 UNICEF tamén está a enviar equipos de comunicadores tradicionais para difundir mensaxes de prevención ao longo de Liberia, e producindo comunicacións impresas e programación de radio para alertar da situación.
 
Calquera persoa pode contribuír ao traballo de UNICEF contra o brote ébola en África Occidental chamando ao 902 31 41 31 ou a través deste link

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/brote-de-ebola-urgente-frenar-la-propagacion-en-africa

###

Fotos adxuntas © UNICEF Liberia 2014:

 Photo 1: Descarga das subministracións enviadas por UNICEF no aeroporto internacional Roberts de Monrovia o sábado, 23 de agosto de 2014.

 Photo 2: Persoal do aeroporto inspecciona as subministracións de emerxencia antes de descargar as subministracións de emerxencia de UNICEF no aeroporto internacional Roberts de Monrovia.

Más información:

Rukshan Ratnam, UNICEF Monrovia, Tel: +231-(0)770-25-7111 / +231-(0)770-26-7111  [email protected]
 
Joan Howe, división de subministracións de UNICEF en Copenhague, Tel: +45 45 33 57 27 / +45 29 65 71 94, [email protected]
 
Louis Vigneault-Dubois, UNICEF Dakar, Tel: +221 33 869 5862 / +221 78 152 68 11 [email protected]
 

Rita Ann Wallace, UNICEF New York, Tel: +1 212 326-7586, Móvil: +1 917-213-4034

Raquel Fernández, UNICEF España, Tel: +34 91 378 85 99, Móvil: +34 665 629 760