'Champions for Africa' logra fondos para escolarizar máis de 83.500 nenos en Malí

Partido solidario organizado por UNICEF e a Fundación Kanouté en colaboración con BBVA 'Champions for Africa' logra fondos para escolarizar máis de 83.500 nenos en Malí

MadridA gran noite do deporte solidario conseguiu onte á noite, grazas a 60 xogadores internacionais e a miles de seguidores, algo máis de 900.000 euros nun emocionante partido disputado no estadioVicente Calderón. Os fondos recadados irán destinados á escolarización de máis de 83.500 nenos enMalí a través da iniciativaEscolas para África de UNICEF e a Fundación Nelson Mandela, e á construción dun centro de formación profesional na Cidade dos Nenos, da Fundación Kanouté.  

Máis de40.000 espectadores gozaron dun evento solidario que ofreceu deporte, diversión e compromiso cos dereitos da infancia menos afortunada. A terceira edición de Champions forAfrica reuniu no coliseo vermello e branco a figuras como Fréderik Kanouté, Sergio Ramos,José Mourinho, Michel, Radomir Antice Iker Casillas, para poñer de manifesto a situación na que se encontran miles de nenos que non poden ir á escola en África por falta de recursos.

A SelecciónAfrica United, un combinado de xogadores africanos vidos de todas as partes do mundo impúxose, baixo a dirección de José Mourinho, por un 32 ao Liga BBVA, dirixido porRadomir Antic e Michel e integrada por máis dunha vintena de futbolistas da Liga Española.UNICEF España e Fundación Kanoute agradecen profundamente o apoio á educación e formación dos nenos en África das 40.000 persoas que foron ao partido, as máis de cento vinte mil que chamaron ou enviousms, os patrocinadores e empresas colaboradoras. Ademais de ser o principal patrocinador BBVA contribuíu con 100.000 euros adicionais poloschuts solidarios que se lanzaron no intermedio.
A educación é esencial para cambiar as condicións de vida de millóns de nenos no mundo en desenvolvemento, para que teñan opcións de futuro e para que poidan contribuír ao desenvolvemento das súas comunidades e países. Grazas a todos

Máis de 100 millóns de nenos non poden ir á escola  : garantindo que todos os nenos teñen acceso a unha educación de calidade constrúense os alicerces para o desenvolvemento, a transformación, a innovación, a oportunidade e a igualdade.

As achegas cambian moitas cousas  : con 90 euros pode comprar material escolar para dez nenos en Zimbabwe durante un ano enteiro; con 150 euros, pupitres para encher unha aula da Cidade dos Nenos aos arredores de Bamako (Mali); e con 300 euros, formar tres profesores para as Escolas para África en Ruanda.  

A escola salva vidas e é motor de desenvolvemento : Escolas para África é unha iniciativa integral que, ademais da escolarización, traballa na construción e reconstrución de escolas, na formación de profesores, en prover de auga e saneamento ás comunidades implicadas, e na promoción da saúde en prevención e coidados.  

Unha oportunidade para os máis vulnerables  : a Cidade dos Nenos está orientada á atención de orfos que viven na rúa na capital de Malí e os seus arredores. O proxecto pon atención aos nenos dende o seu nacemento ata os 18 anos de idade. Nas súas instalacións encontran aloxamento e comida, educación e formación profesional, e reciben atención sanitaria básica.  

Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA. UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.

Más información:

Dailo Allí,
Xefe de Prensa de UNICEF España,
Tel: 609 160 051 91 378 95 55,
E-mail: [email protected]