Centos de miles de nenos encóntranse en risco en Sudán do Sur

A desnutrición, a cólera e o conflito poñen en perigo os nenos do país máis novo do mundo

En vésperas da Conferencia Humanitaria de Doadores que terá lugar mañá en Oslo, UNICEF advirte de que centos de miles de nenos de Sudán do Sur, sobre todo dos tres estados afectados polo conflito, se encontran en inminente risco de morte ou de contraer enfermidades como a cólera.

O Secretario Xeral das Nacións Unidas dixo que para finais deste ano, a metade dos 12 millóns de habitantes de Sudán do Sur terán fuxido, sufrirán desnutrición ou terán morto. Polo menos a metade deles son nenos, que son vítimas inocentes desta emerxencia que cada vez ten máis rostro de neno. Os nenos e as mulleres constitúen a maioría das persoas que están a fuxir aos países veciños. "O sono dun Sudán do Sur seguro e pacífico estase a converter nun pesadelo para os seus nenos", dixo a Directora Executiva Adxunta deUNICEF Yoka Brandt. "Neste momento, os nenos de Sudán do Sur necesitan asistencia humanitaria; necesitan que os seus líderes protexan as súas vidas, os seus dereitos e o seu futuro; e necesitan que o mundo lles escoite e esixan actuar no seu nome. " Actualmente, preto do 80 por cento dos nenos menores de cinco anos que viven nos tres estados afectados polo conflito - Jonglei, Alto Nilo eUnity- están risco de contraer enfermidades e de morrer. A pesar de que 80.000 persoas foron vacinadas contra a cólera, o Ministerio de Saúde confirmou un brote en Juba. O número de casos de cólera estase a duplicar cada día, o que demostra que a enfermidade mortal se está a estender de xeito preocupante. UNICEF axudou a crear un centro de tratamento contra a cólera, está a instalar carpas para atender aos pacientes e ademais está a distribuír materiais de hixiene, auga potable e sales de rehidratación oral. Durante as últimas 24 horas, centos de persoas foron formadas para concienciar e mobilizar as comunidades.

 En todo o país, uns 50.000 nenos poderían morrer de desnutrición e 740.000 nenos e nenas menores de cinco anos están en alto risco de sufrir inseguridade alimentaria. Moitos xa están a empezar a comer plantas silvestres como plantas e herbas. Máis de medio millón de nenos fuxiron da violencia. As mulleres e nenas son agredidas sexualmente cada vez con maior frecuencia e ademais son obxectivo de violencia de xénero. As escolas e hospitais están sendo atacadas e utilizadas polas partes en conflito. Máis de 9.000 nenos foron recrutados polos grupos armados de ambas as dúas partes. Miles de nenos foron separados das súas familias, forzados a fuxir a outras partes de Sudán do Sur ou a países veciños. Aínda que continúa realizándose un incansable traballo humanitario, o impacto do conflito irase agravando -especialmente para os nenos-, se non hai unha solución política que fomente a paz e promova a cohesión social.UNICEF reitera o seu chamamento a todas as partes para que garantan o acceso seguro e sen obstáculos da axuda humanitaria; e para que respecten os compromisos adquiridos de deter a violencia contra os nenos, a violencia sexual e de xénero, e o recrutamento de nenos.

# # #

Necesidades de financiamento: UNICEF necesita este ano 111 millóns de dólares (80,92 millóns de euros) para responder ás necesidades dos nenos e as mulleres afectadas por esta crise. As necesidades de financiamento de UNICEF aumentaron considerablemente dende comezos de ano debido á deteriorada situación que sofre Sudán do Sur. Sen un financiamento axeitado,UNICEF non será capaz de continuar cos programas humanitarios que resultan vitais para atender ás mulleres e nenos afectados por esta crise.

Máis información sobre o traballo de UNICEF en Sudán do Sur:

 http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-humanitaria-en-sudan-del-sur

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051

[email protected]