Cen nenos nacen cada día nas zonas afectadas polo terremoto de Ecuador
Un mes despois do sismo, UNICEF só recibiu o 15% dos fondos necesarios
Uns 100 nenos de media nacen cada día en Esmeraldas e Manabí, as provincias máis afectadas polo terremoto de Ecuador, segundo UNICEF.
"Nunha rexión onde 1 de cada 5
nenos sofre diarrea e desnutrición crónica, é esencial dar a estes
nenos os medios básicos para sobrevivir e prosperar", dixo Grant
Leaity, representante de UNICEF en Ecuador.
O terremoto do 16 de abril acabou
coa vida de 660 persoas, esnaquizou os sistemas de auga e causou
danos en 33 centros de saúde, a metade dos cales xa non están
operativos. O terremoto tamén danou ou destruíu unhas 560 escolas e
preto de 10.000 edificios.
A resposta inmediata do Goberno,
permitiu que o 75% dos nenos puidesen regresar á escola, máis de
30.000 persoas están acollidos en refuxios oficiais e reciben
asistencia básica e apoio psicolóxico e médico. Co apoio de UNICEF,
restaurouse o acceso á auga en Jama e Pedernales, dúas das cidades
máis afectadas polo terremoto.
Con todo, un mes despois, miles
de persoas viven en refuxios informais sen servizos básicos e
120.000 nenos están en necesidade urxente de espazos temporais de
aprendizaxe.
UNICEF está a traballar co
Goberno e outras organizacións para asistir á poboación máis
vulnerable:
· Co
Ministerio de Educación mediante a instalación de espazos temporais
de aprendizaxe para 20.000 nenos e a distribución de 750 escolas
nunha maleta que servirán a 60.000 nenos. Os primeiros espazos
temporais de aprendizaxe de Pedernales e Jama teñen capacidade para
5.600 nenos e estanse preparando espazos adicionais en Pedernales,
Jama, Matal, Chorerra e Muisne.
Coa Autoridade Nacional da
auga e as municipalidades, están a porse en marcha servizos de auga
e saneamento nos refuxios para persoas desprazadas e as escolas
temporais, e estase provendo de auga potable e servizos de
saneamento en áreas onde a rede de auga destruíuse.
· Co
Ministerio de Inclusión Social, hase provisto de apoio psicosocial
e promoveuse o deporte e as actividades culturais para os nenos e
adolescentes para axudarlles na súa recuperación emocional.
·
Apoio ao Ministerio de Saúde no establecemento de protocolos para a
revisión de casos de desnutrición crónica; desenvolvemento de
mensaxes comunitarias para prevención de enfermidades transmitidas
por vectores como o zika, o dengue ou o chikungunya; provisión de
micronutrientes e vitamina A para a nutrición, zinc e sales de
rehidratación oral para a diarrea; tendas de campaña para
substituír aos centros de saúde destruídos e provisión de postos de
saúde temporais preto das zonas de refuxio. Vanse a pór en marcha
espazos amigos dos bebés en Pedernales, Jama e Muise.
Os fondos recibidos seguen sendo
extremadamente baixos. UNICEF necesita 15 millóns de dólares para
cubrir as necesidades de 250.000 nenos até mediados de xullo. Até
agora, só recibiu o 15% desta cantidade.
"Se a comunidade de doantes non
aumenta o seu apoio, estaremos a fallar a miles de nenos", advertiu
Leaity.
Para apoiar aos nenos de Ecuador:
www.unicef.es/ecuador
Tel. 902 31 41 31
TRANSFERENCIA BANCARIA:
Santander ES51 0030 8301 7700 0030 4271
Caixabank ES39 2100 5731 7002 0000 5001
ING Direct ES98 1465 0100 9560 0000 0000
Acerca de UNICEF
UNICEF promove os dereitos e o
benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos
nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para
transformar este compromiso en accións prácticas, centrando
especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis
vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en
todas partes.