Cantajuego pon música á tarxeta do Nadal 2011 de UNICEF España

Os fondos recadados irán destinados aos programas de UNICEF para a supervivencia e o desenvolvemento da infancia

Este ano UNICEF España renovou a súa tarxeta do Nadal incorporando cancións do grupo Cantajuego nun DVD Christmas solidario a favor dos programas que o Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, realiza en máis de 150 países en desenvolvemento.  

Trátase dunha edición especial que contén tres temas musicais: Son unha cunca, Os nenos poden cambiar o mundo eTe estendo a miña man. A tarxeta do Nadal, que inclúe un vídeo exclusivo de Cantajuego no que explica o traballo deUNICEF, ten un prezo de cinco euros e véndese exclusivamente nos centros de El corte Inglés. Os beneficios obtidos pola venda desta tarxeta do Nadal serán destinados aos programas de UNICEF.UNICEF traballa en máis de 150 países en desenvolvemento conseguindo cambios reais nas vidas de millóns de nenos e promovendo os dereitos da infancia. A súa acción concéntrase en cinco áreas de traballo: educación e igualdade, supervivencia infantil e materna, protección fronte ao abuso e a explotación, VIH/SIDA na infancia e promoción de políticas e alianzas a favor da infancia. En España, UNICEF traballa para mobilizar recursos que apoien o financiamento de programas de desenvolvemento e da acción en emerxencias, e para concienciar á nosa sociedade acerca da situación dos nenos e dos seus dereitos. Outro grande obxectivo de UNICEFEspaña é conseguir que a infancia sexa unha prioridade nas axendas políticas e promover os seus dereitos a través da participación infantil e a Educación para o Desenvolvemento. CantaJuego é un proxecto pedagóxico-musical en formato audiovisual, desenvolvido por especialistas na estimulación psicomotriz e o traballo psicopedagóxico. Orientado a nenos de 0 a 6 anos, Cantajuego propón utilizar a música e o movemento para poñer en funcionamento a imaxinación e a fantasía. Estas vivencias desenvolven a psicomotricidade, potencian o mundo afectivo e as relacións sociais. Interpretado polo Grupo EnCanto, Cantajuego é a oportunidade para os adultos de achegarse aos nenos, rir e gozar de belas cancións xunto aos personaxes que conviven no mundo da fantasía e o xogo. 

Más información:

 

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]