Ata 1,7 millóns de nenos poderían verse afectados polo desvastador tifón Haiyan en Filipinas

UNICEF prepara o envío de 60 toneladas métricas de subministracións de emerxencia que chegarán o martes a Filipinas

Mentres se avalía o impacto do tifón Haiyan, que atravesou Filipinas nas últimas 48 horas, espérase que os nenos se encontren entre os máis afectados xa que ao redor de 1,7 millóns de nenos viven nas zonas afectadas pola emerxencia.

"Segundo o goberno, máis de 36 provincias víronse azoutadas polo tifón máis forte que xamais tocase terra en calquera parte do mundo, e sabemos que un importante número de nenos se viron moi afectados" dixo o representante de UNICEF en Filipinas, Tomoo Hozumi.


"A principal prioridade de UNICEF é levar a cabo tarefas que salvan vidas como conseguir medicamentos básicos, subministracións nutricionais, auga potable e artigos de hixiene para os nenos e as familias" subliñou. "Este non é o primeiro desastre natural que azoutou Filipinas recentemente, xa que hai tres semanas tivo lugar un terremoto en Bohol, polo que sabemos o importante que é chegar aos nenos rapidamente. "


UNICEF participará nunha avaliación rápida nos próximos días, xa que as condicións permiten un maior acceso ás rexións máis afectadas. Os sistemas de abastecemento da axencia mobilizáronse e UNICEF está preparada xunto a outras ONG aliadas para encabezar os traballos de apoio aos nenos, xa que os accesos así o permiten.


O persoal de UNICEF en Filipinas estanse a mobilizar para responder á emerxencia, e proximamente uniranse novos equipos que apoiarán as tarefas no terreo.

 

O Centro de Subministracións de UNICEF en Copenhaguen está a preparar un envío con 60 toneladas métricas de subministracións de emerxencia, que inclúe materiais sanitarios, equipos médicos e de refuxio, que serán trasladados a través dunha ponte aérea de emerxencia. Tamén se fretarán subministracións para a potabilización e almacenamento de auga, así como materiais de saneamento, que serán enviados directamente a Manila dende as fábricas de produción en Europa e Asia. Espérase que as subministracións cheguen a Filipinas o próximo martes, 12 de novembro.


Para descargar vídeos e fotos:

https://drive.google.com/folderview?id=0BwHVxXN6JOP7elFBUzRPTE81OTg&usp=sharing
 

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 [email protected]