ACNUR e UNICEF establecen centros "Punto Azul" para aumentar a protección de nenos e familias en tránsito por Europa

Como parte del esfuerzo conjunto para mejorar la protección del número creciente de niños y otras personas con necesidades específicas que llegan a Europa, ACNUR (Alto Comisionado de las Naciones Unidas para los Refugiados) y UNICEF (Fondo de Naciones Unidas para la Infancia) han creado unos centros especiales de apoyo para niños y familias, a lo largo de las rutas de migración más frecuentadas en Europa.

Vinte Centros de Apoio para Nenos e Familias, que se coñecerán como "Puntos Azuis", proporcionarán, nun mesmo lugar, un espazo seguro para os nenos e as súas familias, servizos básicos, xogos, protección e orientación. Os centros teñen como obxectivo apoiar ás familias en tránsito máis vulnerables, especialmente aos numerosos nenos separados ou non acompañados en risco de padecer enfermidades e trauma, ser vítimas de violencia, explotación e tráfico.
 
Mentres que a situación segue evolucionando, polo momento xa están en funcionamento, ou a piques de abrir, os primeiros centros en Grecia, a Antiga República Iugoslava de Macedonia, Serbia, Croacia e Eslovenia. Os 20 centros estarán en funcionamento no próximos tres meses.
 
Os centros "Punto Azul" chegan nun momento no que as mulleres e os nenos representan dous terzos das persoas que chegan a Europa: en febreiro, as mulleres e nenos conformaban case o 60% das chegadas a través do mar, mentres que en setembro de 2015, o 27%. Os centros tamén terán por obxecto identificar e protexer aos nenos e adolescentes que viaxen sós, e reunilos coas súas familias cando sexa posible, atendendo sempre ao seu interese superior.
 
"Estamos preocupados polo benestar dos nenos e nenas non acompañados en tránsito e desprotexidos en Europa, moitos dos cales tiveron que sufrir os efectos da guerra e moitas outras dificultades ao facer estas viaxes sós", dixo o alto comisionado adxunto de protección de ACNUR, Volker Türk. "Estes centros terán un papel crave á hora de identificar a estes nenos e de proporcionarlles a protección que necesitan nunha contorna descoñecida onde poden estar en risco", engadiu.
 
"As vidas dos nenos en tránsito deron un envorco completo: enfrontáronse a perigos e sufrimentos en todas as etapas da viaxe. Os centros ofrecerán un nivel de previsibilidad, confianza e seguridade nas súas vidas incertas; un lugar no que poderán recibir a axuda e o apoio que lle corresponde como dereito a todos os nenos. Ademais, os centros contribuirán a fortalecer os sistemas de protección infantil nacionais", sinalou Marie-Pierre Poirier, Coordinadora Especial para a Crise de Refuxiados e Migrantes en Europa.
 
A identificación dos nenos é, con todo, un reto. Nalgúns países, os mozos que viaxan fanse pasar por adultos para evitar demoras ou detencións durante a viaxe, o que lles expón ao risco de ser vítimas de explotación. O ano pasado, máis de 90.000 nenos separados ou non acompañados rexistráronse, solicitaron asilo ou foron atendidos en Europa, principalmente en Alemaña e Suecia.
 
Os Centros de Apoio para Nenos e Familias serán facilmente identificables e proporcionarán un conxunto básico estandarizado e coherente dos servizos ofrecidos polas diferentes organizacións, incluíndo sociedades nacionais da Cruz Vermella e outras ONG aliadas. Con todo, isto non substitúe a responsabilidade e obrigación de todos os Estados para facer o que estea nas súas mans para apoiar e protexer aos menores separados ou non acompañados e para previr a violencia sexual e de xénero.
 
Os centros estarán situados en certos lugares estratéxicos -puntos de entrada e saída ao país, lugares de rexistro, e algúns centros urbanos estratéxicos- e poderán localizarse a través de dispositivos móbiles.
 
Os servizos inclúen:
·         restaurar os vínculos familiares- servizos ofrecidos pola Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella
 
·         reunificación familiar
 
·         espazos acolledores para a infancia e para as nais e bébelos/nenos pequenos
 
·         salas privadas de orientación
 
·         primeiros auxilios psicosociais
 
·         espazos seguros para que as mulleres e os nenos durman;
 
·         Apoio de traballadores sociais
 
·         punto de información con conexión WI-FI.

Descárgate o mapa dos centros “Puntos Azuis”

Descarga de imaxes e vídeos, aquí.

Más información:

Leo Dobbs, ACNUR Xenebra, Tel: +41 079 883 6347, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 [email protected]