800.000 nenos obrigados a fuxir da violencia en Nixeria e a rexión

Un ano despois do secuestro de máis de 200 alumnas en Chibok, UNICEF chama a atención sobre o impacto desvastador dos conflitos nos nenos

Ao redor de 800.000 nenos víronse obrigados a fuxir dos seus fogares a causa do conflito no nordés de Nixeria entre Boko Haram, as forzas militares e os grupos de autodefensa civil, segundo un novo informe de UNICEF.

Publicado un ano despois do secuestro de máis de 200 alumnas en Chibok, 'Missing Childhoods' (Infancias perdidas) revela que o número de nenos que foxen dentro de Nixeria para tratar de salvar as súas vidas, ou que cruzan a fronteira cara ao Chad, Níxer e Camerún, ten máis que duplicado en pouco menos dun ano.

"O secuestro de máis de 200 nenas en Chibok é só unha das traxedias sen fin que se repiten nunha escala épica ao longo de Nixeria e da rexión", di Manuel Fontaine, director rexional de UNICEF para África Occidental e Central. "Decenas de nenos e nenas desapareceron en Nixeria secuestradas, recrutados polos grupos armados, atacados, utilizados como arma de guerra, ou obrigados a fuxir da violencia. Estes nenos teñen dereito a que se lles devolva a súa infancia".

Estas cifras publícanse nun momento en que UNICEF comezou a chamar a atención acerca do impacto desvastador que supón o conflito para os nenos da rexión utilizando o hashtag #bringbackourchildhood (devólvannos a infancia).

'Missing Childhoods' describe como o conflito é unha carga cada vez máis pe
sada para os nenos de Nixeria e de toda a rexión:

. Os nenos están a ser utilizados nas filas de Boko Haram como combatentes, cociñeiros, carrexadores e vixías.

. As mulleres novas e as nenas están a ser sometidas a matrimonios forzados, a traballos forzados e son vítimas de violacións.

. Os estudantes e mestres convertéronse de forma deliberada en obxectivos da violencia: máis de 300 escolas sufriron danos ou foron destruídas e polo menos 196 profesores e 314 alumnos morreran ata finais de 2014.

UNICEF intensificou a súa resposta humanitaria á crise. Durante os últimos seis meses, a organización proporcionou asesoramento e apoio psicosocial a máis de 60.000 nenos e nenas afectados polo conflito en Nixeria, Níxer, Camerún e Chad, para axudar a aliviar a dor que lles producen os recordos, reducir o estrés e facer fronte á angustia emocional.

UNICEF tamén está a traballar con diversos aliados para proporcionar auga potable e servizos vitais de saúde, restaurar o acceso á educación mediante a creación de espazos temporais de aprendizaxe e ofrecer tratamento terapéutico aos nenos desnutridos.

Debido ao déficit de financiamento existente, UNICEF insta os doadores internacionais a incrementar o seu apoio financeiro ás actividades de socorro en Nixeria e os países veciños. UNICEF recibiu só o 15% dos 26,5 millóns de dólares necesarios para a súa resposta humanitaria en Nixeria para 2015, e menos do 17% do chamamento xeral de financiamento humanitario para Camerún, o 2% para Níxer e o 1% no caso de Chad.

Como parte desta campaña, UNICEF está a utilizar Snapchat -unha plataforma social onde as mensaxes desaparecen- para poñer de relevo a difícil situación dos centos de miles de nenos que están a perder a súa infancia como resultado do conflito.

Para contar as historias dos nenos que fuxiron da violencia, UNICEF e os principais artistas de Snapchat comp
artirán imaxes baseadas en debuxos de nenos de Nixeria, Chad, Níxer e Camerún. As obras reflicten as perdas dos nenos cando teñen que fuxir dos seus fogares e as feridas emocionais e o sufrimento que soportaron, e que inclúe ver como asasinaban, torturaban ou secuestraban os seus pais e irmáns.

Tamén se invita á xente a que comparta o que botarían máis de menos se lles obrigasen a fuxir das súas casas, xa sexa en Snapchat ou noutras canles sociais utilizando o hashtag #bringbackourchildhood.

Para obter máis información, visita a campaña de UNICEF 
en Tumblr bringbackourchildhood.tumblr.com

Para descargar fotos e vídeos:

http://uni.cf/1CuqidB

Para descargar o informe:

http://bit.ly/1z9A6ZU

Más información:

Laurent Duvillier, UNICEF para África Occidental e Central en Dakar, + 221 77 740 35 77, [email protected]

Rose Foley, UNICEF Nova York, + 1 917 340 2582,  [email protected]

Belén de Vicente UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]