41 nenos son liberados de grupos armados na República Centroafricana

Espéranse novas liberacións como consecuencia das negociacións que se están a levar a cabo

Corenta e un nenos teñen sido liberados nos últimos dous días na capital, Bangui, tras unha serie de reunións mantidas entre UNICEF e o Presidente da República Centroafricana, Michel Djotodia. Os nenos liberados, dos que sete son nenas, teñen entre 14 e 17 anos.

"A liberación destes nenos é só o primeiro paso. Comprometémonos a asegurar que todos os nenos recrutados polos grupos armados da República Centroafricana sexan liberados e reintegrado na sociedade, e aseguráronme que podemos esperar que se dean a coñecer máis liberacións de nenos nos próximos días e semanas", dixo o Representante de UNICEF no país, Souleymane Diabate.UNICEF está a traballar co goberno da República Centroafricana para verificar, liberar, reunificar e reintegrar aos nenos que foran recrutados polas forzas Seleka e outros grupos armados asociados a eles. Estamos moi motivados pola colaboración do Goberno, que expresou o seu compromiso de adoptar medidas urxentes" agregou. Os recentes enfrontamentos producidos provocaron un forte aumento do número de nenos recrutados en todo o país. Antes da crise,UNICEF estimaba que había máis de 2.000 nenos vinculados a forzas e grupos armados. A violencia e a inseguridade fan que os nenos sexan máis vulnerables ao recrutamento, ao ser separados das súas familias, desprazados dos seus fogares e por non ter acceso a servizos básicos nin a educación.

Os 41 nenos encóntranse agora nun Centro de Tránsito e Apoio de UNICEF, onde teñen acceso a educación básica, actividades deportivas, formación profesional e apoio psicosocial, mentres se localizan os seus familiares e prepárase o seu regreso á casa. Ata o luns desta semana, 15 nenos encontrábanse no centro, no proceso final antes de ser reunificados coas súas familias ao norte do país. En 2012, UNICEF e os seus aliados liberaron e reunificaron 345 nenos vinculados a grupos armados. Dende 2007, máis de 1.000 nenos e nenas foron liberados dos grupos armados co apoio de UNICEF. Non obstante, debido á deterioración da situación humanitaria, as necesidades aumentaron considerablemente dende decembro de 2012. A magnitude da crise humanitaria é tal que UNICEF necesita financiamento inmediato para responder nos próximos meses ás necesidades inmediatas dos nenos afectados polo conflito.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]