27.500 nenos migrantes e refuxiados atrapados en Grecia enfróntanse a necesidades perentorias

27.500 nenos migrantes e refuxiados atrapados en Grecia enfróntanse a necesidades perentorias

Co incremento repentino de chegadas, o número de nenos refuxiados e migrantes atrapados en Grecia aumentou a 27.500. Estes nenos enfróntanse diariamente a necesidades críticas como acceso a protección e educación, segundo UNICEF. 

Chegaron máis persoas no primeiras tres semanas de agosto que en todo o mes de xullo de 2016 (1.920 en xullo; 2.289 a 24 de agosto). Este novo fluxo de persoas chega nun momento no que Grecia está a loitar cun sistema de benestar debilitado pola crise económica, deixando ás persoas migrantes e refuxiadas sufrindo unha dobre crise. En total, os nenos supoñen case o 40% da poboación actualmente atrapada nese país.
 
Informes recentes sobre abusos sexuais, violencia e abandono son un indicador das condicións de vida inadecuadas e do enfraquecemento dos mecanismos de protección da infancia. O desbordamento dos servizos públicos tamén agravou as regas para os nenos migrantes e refuxiados.
 
"En Grecia é palpable a sensación de que as familias refuxiadas están exclusivamente esperando: esperando que a súa petición de asilo sexa procesada, esperando a ter noticias dunha decisión para ser recolocados noutro lugar de Europa, esperando escolarización e zonas de xogo para os seus nenos, vivendas en boas condicións. Esperando, simplemente, saber cal será o seu futuro", explicou Laurent Chapuis, coordinador para a resposta á crise de persoas refuxiadas e migrantes de UNICEF en Grecia.
 
Para os 27.500 nenos atrapados en Grecia, esta espera é unha eternidade. Moitos deles proveñen de países en conflito como Siria, Afganistán ou Iraq e perderon anos de escola e agora en Grecia, novamente, enfróntanse á falta de acceso a escolarización.
 
"A educación é unha das maneiras máis poderosas de protexer aos nenos de todas as formas de violencia", engadiu Chapuis. "Iso significa que debemos unirnos para apoiar os esforzos do goberno para que estes nenos poidan volver á escola en setembro".
 
A escolarización dos nenos é unha prioridade esencial para UNICEF e os seus aliados en Grecia, especialmente á luz de recentes informes de nenos en situación de risco. UNICEF estivo impulsando a aprendizaxe  e as actividades lúdicas dos nenos refuxiados no campamento de Skaramangas, preto de Atenas, coa ONG grega Piraeus Open School for Immigrants, así como proporcionando 11 escolas móbiles. Os programas educativos de UNICEF están a expandirse máis aló do Ática a outros campamentos, co obxectivo de que cheguen, polo menos, a 5.000 nenos a finais de ano e traballar co Ministerio de Educación para axudar a integrar a eses nenos refuxiados no sistema educativo grego.
 
A cifra dos nenos atrapados en Grecia segue aumentando. Ademais, hai polo menos 2.250 nenos non acompañados no país e só un terzo deles permanecen en refuxios oficiais. A pesar dos continuos esforzos do goberno e os aliados, as necesidades de aloxamento temporal, servizos de protección da infancia e escolarización seguen sendo perentorias. 
 

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.  

Más información:

Para máis información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]