1 de cada 5 contaxiados de ébola é un neno
Un novo informe de UNICEF destaca o urxente que resulta chegar a cero casos de ébola ao mesmo tempo que se restablecen os servizos básicosO ébola tivo consecuencias desvastadoras para os nenos, que constitúen un 20% dos casos de contaxio en Guinea, Liberia e Serra Leoa. Nun informe dado a coñecer hoxe, UNICEF afirma que co fin de protexer eses nenos e as súas comunidades, é imprescindible derrotar esa enfermidade mentres se traballa para restablecer os servizos básicos.
"O brote non terá sido eliminado ata que cheguemos a cero casos, e
para iso debemos rastrexar e vixiar cada un deles. Non podemos
permitirnos baixar a garda", afirma Barbara
Bentein,
Coordinadora Mundial de UNICEF para
a Emerxencia do Ébola.
"Ao mesmo tempo, é necesario que se restablezan os servizos básicos
de xeito seguro e responsable, empregando para iso os logros
obtidos durante a resposta,".
O informe analiza o dramático impacto que
o ébola tivo
nos nenos, xa que o virus golpeou algunhas das comunidades máis
vulnerables nalgúns dos países máis vulnerables do mundo. Das máis
de 24.000 persoas contaxiadas, unhas 5.000 foron nenos, e máis de
16.000 menores perderon un dos seus proxenitores, ambos os dous ou
o seu coidador principal. E para moitos dos nove millóns de nenos
que viven nas zonas afectadas, o ébola constituíu
unha experiencia aterradora. Trátase de nenos que foron testemuñas
de morte e sufrimento que non alcanzan a
comprender.
O informe tamén destaca o papel principal que desempeñan as
comunidades con respecto á resposta e as alentadoras tendencias en
materia de comportamentos seguros. Unha enquisa que se levou a cabo
en Liberia, por exemplo, indicou que o 72% dos entrevistados cre
que calquera persoa con síntomas do ébola obtería
mellores coidados nun centro de tratamento que no seu fogar, o cal
é significativo porque moitos evitaban eses centros, de modo que as
vítimas do ébola quedaban
na casa e propagaban a infección na comunidade.
Mentres participaban nas actividades de resposta
ao ébola, UNICEF e
os seus aliados inmunizaron miles de nenos contra outras
enfermidades mortais, como o sarampelo; fortaleceron os servizos de
atención primaria da saúde; e axudaron a reducir ao mínimo o risco
de infeccións co ébola que
poderían ter acontecido ao continuarse as clases tras o peche das escolas, que mantivo uns
cinco millóns de nenos fóra das aulas durante varios
meses.
A máis longo prazo, investir na mellora dos sistemas de atención da saúde nos países afectados polo ébola servirá para combater tamén outras enfermidades, como o sarampelo, a pneumonía e a diarrea, que figuran, entre as principais causas de mortalidade infantil. O informe afirma que a planificación da recuperación a longo prazo debe basearse nos logros obtidos durante as respostas, con miras a reconstruír mellor e afrontar as desigualdades históricas.