Violencia en Nixeria: alarmante aumento de ataques suicidas que involucran mulleres e nenas

En polo menos tres cuartas partes dos 27 ataques suicidas rexistrados de xaneiro a maio deste ano no nordés de Nixeria foron utilizados mulleres e nenos.

"Os nenos non están a instigar os ataques suicidas; son utilizados intencionalmente polos adultos do xeito máis horrible", explica Jean Gough, representante de UNICEF en Nixeria. "Eles son ante todo vítimas, non perpetradores".

A frecuencia e a intensidade dos ataques suicidas que involucran mu
lleres e nenas aumentaron considerablemente este ano. As nenas e mulleres foron utilizadas para detonar bombas ou cintos con explosivos en lugares concorridos como mercados e estacións de autobuses.

Violencia en Nixeria: nenas e mulleres utilizadas para detonar bombas

Dende xullo de 2014, producíronse 9 incidentes de suicidio que involucran nenas de entre 7 e 17 anos. Estímase, ademais, que uns 743.000 nenos foron desprazados polo conflito nos tres estados máis afectados do país; o número de nenos non acompañados e separados podería ascender 10.000, segundo estimamos dende UNICEF.

"Moitos nenos foron separados das súas familias cando fuxiron da violencia, sen ninguén que coide deles", explica Gough. "Sen a protección das súas familias, estes nenos teñen maior risco de explotación por parte dos adultos, e isto pode dar lugar á súa participación en actividades delituosas ou con grupos armados. "

Dende UNICEF tememos que a crecente utilización de nenos como atacantes suicidas podería levar a que os nenos sexan percibidos como unha ameaza potencial, o que poñería a todos os
nenos vinculados a grupos armados en risco de represalias e impediría a súa rehabilitación e reinserción na comunidade.

En UNICEF traballamos coas autoridades nacionais para reducir a vulnerabilidade dos nenos, identificando os nenos que non teñen pais ou familiares, e dándolles a atención axeitada. Ademais, máis de 35.000 nenos recibiron apoio psicosocial para que poidan facer fronte ao sufrimento agudo que sofren como consecuencia do conflito.

Como se espera que o próximo presidente de Nixeria preste xuramento nesta semana, dende UNICEF
 facemos un chamamento ás autoridades nixerianas para que poñan no centro da súa axenda política a seguridade e o benestar de todos os nenos, especialmente os afectados polo conflito no nordés. +

Se podes, axúdanos a protexer os nenos