As vacinas salvan vidas

Cada ano as vacinas salvan as vidas de entre 2 e 3 millóns de nenos.

Non obstante, a quinta parte dos nenos de todo o mundo segue sen recibir as vacinas básicas. Ser vacinado ou non pode marcar a diferenza entre a vida e a morte. En 2012 22,6 millóns de nenos, un de cada cinco, non recibiron as vacinas que podían salvar as súas vidas, protexelos de enfermidades ou dunha minusvalidez. Deses nenos non vacinados, 1,5 millóns morren cada ano. Todos os nenos necesitan ser vacinados. Así se preveñen enfermidades como o sarampelo, a difteria e a tose ferina, que nos países en desenvolvemento seguen causando a morte dun neno, cada 20 segundos. A vacinación converteuse nun dos maiores logros na redución da mortalidade infantil. E é que o 30 por cento das mortes de nenos menores de 5 anos poden previrse cun xesto tan simple como poñerlles unha vacina. Por iso na Semana da Vacinación (do 24 ao 30 de abril) queremos recordar que se necesita máis financiamento e prezos máis baixos para facer as vacinas accesibles onde máis se necesitan. Precisamente os nenos que non son vacinados son a miúdo os máis vulnerables: viven en comunidades ás que é difícil chegar, están marxinados pola pobreza ou non se pode acceder a eles porque viven nun país ou unha zona en conflito.

100% nenos vacinados: non pararemos hasta conseguilo

UNICEF traballa para chegar a todos os nenos do mundo con vacinas. O obxectivo é ter un 100% de nenos vacinados en todos os sitios, mesmo nas comunidades máis remotas e pobres. Se os nenos non son vacinados non só as súas vidas están en risco. Tamén as súas comunidades. Por exemplo, en zonas que xa estaban libres de polio, como Sirya ou Iraq, producíronse brotes recentemente. O único xeito de erradicar esta enfermidade é vacinar a todos os nenos. A vacina contra o sarampelo axudou a previr preto de 14 millóns de mortes entre 2000 e 2012. As tétanos maternas e neonatais foron eliminadas en 34 dos 59 países de alto risco grazas ás vacinas. Malia estes logros a vacinación segue sendo un tema inacabado. O sarampelo segue causando a morte de 330 nenos cada día, especialmente en África e Asia. A polio continúa sendo endémica en Afganistán, Nixeria e Paquistán. E un de cada cinco nenos non está protexido de enfermidades previbles cunha simple vacina. Por iso non pararemos ata conseguir o 100% de nenos vacinados.

Ayúdanos a vacunar al 100% de los niños 

Hazte socio

¿Sabes que puedes recuperar hasta un 80% de tus aportaciones? Más info

Si prefieres, contacta con nosotros en el 900 907 074 de lunes a viernes de 9:00h a 21:00h y sábados de 11:00h a 17:00h | [email protected]

As vacinas salvan vidas