UNICEF e H&M unidos pola educación e a protección dos nenos

H&M lanzou unha colección especial de moda infantil chamada All for Children, como parte da súa alianza con UNICEF na iniciativa global do mesmo nome. O obxectivo desta iniciativa é conseguir fondos para os programas de UNICEF en educación e protección.

O lanzamento da iniciativa All for Children de H&M e UNICEF iniciouse en novembro de 2009. Trátase dun proxecto quinquenal ao queH&M doou un total de 4,5 millóns de dólares e que estendeu o seu raio de acción dende as comunidades do sur daIndia á poboación infantil de Bangla Desh. O 25% das vendas das pezas da colleción Allfor Children destinarase ao traballo de UNICEF en educación en protección en comunidades de Bangla Desh e India.
A compañía sueca leva colaborando con UNICEF dende o ano 2004. Nesta primeira fase de colaboración H&M apoiou durante tres anos programas de educación das nenas e programas de prevención do VIH/SIDA en Cambodja.

En España

A colección estará dispoñible en 160 tendas en todo o mundo. En España poderanse encontrar nas tendas H&M do Portal l'Àngel 9 de Barcelona e Gran Vía 32 de Madrid. Ademais, ás 100 primeiras persoas que colaboren comprando tanto en Madrid coma en Barcelona regalaráselles unha cunca deUNICEF.