A saúde mental protagoniza a Semana coa Infancia coa CRTVG

O 20 de novembro, con motivo do Día Mundial da Infancia, nenos e nenas de Galicia converteranse en xornalistas nos programas ‘ZigZag’ ou no ‘Galicia en goles’

Niñas y niñas de Ucrania.

© UNICEF/UN0623186/Hudak

14/11/2022

Con motivo do Día Mundial da Infancia, desde o luns 14 e ata o domingo 20 de novembro, TVG, Radio Galega e os medios dixitais emitirán contidos relacionados cos dereitos da infancia na XII Semana coa Infancia da CRTVG e UNICEF.

A saúde mental como eixo temático

Baixo o lema “Acabar co estigma da saúde mental é labor de todos. Os nenos, nenas e adolescentes merecen ser escoitados”, este ano, poremos foco nos datos de acoso escolar e ciberacoso, en Galicia e en España, e como inflúen nos niveis de benestar emocional, integración social e satisfacción coa vida dos nenos e nenas que os sofren. Trasladaranse, ademais, unha serie de recomendacións dirixidas ás familias e coidadores, sen esquecer o fundamental papel dos centros educativos como contornas protectoras do benestar emocional.

Outra das temáticas será tratar como previr e actuar ante casos de violencia desde o ámbito educativo. Farase fincapé na importancia da implantación da figura do coordinador de benestar e protección nos centros educativos, tal e como establece a Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e á Adolescencia fronte á Violencia (LOPIVI).

Analizarase tamén o impacto da guerra de Ucraína, a seca e a inflación, que deron como resultado un grave aumento da desnutrición no Corno de África, en países como Somalia ou Sudán do Sur, ou o aumento da pobreza na Federación Rusa, Romanía e a propia Ucraína.

Os nenos e nenas, os protagonistas

Ao longo de toda a semana, os programas informativos da TVG e da Radio Galega ‘Telexornal Mediodía’, ‘Telexornal Serán’, ‘Bos Días’, ‘A Revista’, ‘Galicia Noticias’ ‘Galicia por Diante’, ‘A Bóla Extra’, ‘A Tarde’, ‘A Crónica’, ‘Convivir’, ou mesmo o espazo ‘#DígochoEu’ colaborarán emitindo contidos e entrevistas relacionados con estas temáticas.

O domingo 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, a CRTVG promoverá que a infancia e a adolescencia teñan voz, polo que se convidará a nenos e nenas de varios municipios de Galicia a converterse, durante uns minutos, en xornalistas. Os máis pequenos serán os protagonistas do programa cultural ‘ZigZag’, compartindo tarefas de presentación con María Solar.

Na Radio Galega, entre outros contidos, o ‘Galicia en Goles’ do domingo 20 dará tamén voz á infancia. Julia, 9 anos, de Redondela, entrevistará, xunto ao xornalista Tony López García, a Susana Rodríguez Gacio, médica e campioa paralímpica de tríatlon.

Un ano máis, ‘Luar’ ofrecerá, o venres 18, unha edición especial na que se coñecerá o labor de UNICEF para paliar o grave aumento da desnutrición derivado da inflación, a seca e o conflito de Ucraína ou como a organización promove a nutrición, a saúde e o dereito á auga, á hixiene e ao saneamento da infancia máis vulnerable.

¿Te gustaría hacer algo extraordinario hoy?

Hazte socio. Elige ahora tu aportación mensual.

¿Sabes que puedes recuperar hasta un 80% de tus aportaciones? Más info

Si prefieres, contacta con nosotros en el 900 907 074 de lunes a viernes de 9:00h a 21:00h y sábados de 11:00h a 17:00h | [email protected]

A saúde mental protagoniza a Semana coa Infancia coa CRTVG