Mauritania: apoio ás familias refuxiadas para combater a desnutrición

Con tan só dous anos, Habibi logrou recuperarse de desnutrición aguda grave no campamento de refuxiados de Fassala, Mauritania, onde fuxiu coa súa familia do conflito no norte de Malí.

A súa avoa,Nanni Ouel ed Faghi, móstrase aliviada e agradecida. A familia de Habibi fuxiu dun ataque na súa aldea e conduciu toda a noite ata chegar a Mauritania.Durante o traxecto, Habibi empezou a tusir e a ter diarrea grave. Conforme empeoraba o seu estado nutricional, o seu sistema inmunitario debilitouse deixándoo máis vulnerable fronte á infección respiratoria que se estaba a desenvolver.As causas que hai detrás da desnutrición infantilnon sempre son evidentes. A desnutrición vén provocada, a miúdo, por unha combinación de factores que inclúen alimentación insuficiente, unha dieta pouco variada e condicións insalubres que aumentan a incidencia da diarrea e as infeccións. As crises como a vivida pola familia deHabibi exacerban estes factores.  

a importancia do apoio ás familias refuxiadas

Arecuperación dos nenos refuxiados e desnutrir a miúdo é moi difícil. As familias de refuxiados sofren un estrés enorme, xa que teñen que afrontar condicións de vida difíciles e sofren incerteza sobre o seu futuro. Ademais, descoñecen cando poderán regresar á casa, moitos víronse separados de familiares dos que descoñecen o seu paradoiro ou non saben se están vivos...Como resultado do estrés, os proxenitores refuxiados ás veces non levan os seus fillos desnutridos ás clínicas ou abandonan o tratamento. Estes factores agravantes converten a plena recuperación de Habibi nun logro aínda maior.UNICEF e os seus aliados prestanasistencia integrada aos refuxiadosmalienses que viven agora enMauritania. Os voluntarios de centro de saúde van á comunidade todos os días para identificar casos de nenos que poderían estar a sufrir desnutrición. Posteriormente, falan coas súas familias para informalos da importancia de que os nenos reciban tratamento. Ademais, abríronse dez escolas en tendas de campaña (con catro máis en construción) para brindar educación a aproximadamente 3.000 nenos de primaria. Estas escolas tamén ofrecen unha sensación de normalidade, rutina e seguridade para os nenos. Paralelamente, os programas de auga, saneamento e hixiene están a mellorar o acceso das familias á auga potable e as latrinas, o que axuda a reducir a incidencia de diarrea. Non obstante, con máis de 65.000 refuxiados de Malí que viven agora en Mauritania,UNICEF necesita ampliar as súas operacións para garantir que os nenos como Habibi obteñan a axuda que necesitan con urxencia.