Iemen: protexer os nenos da escalada de violencia

Polo menos 62 nenos morreron e 30 resultaron feridos durante os combates en Iemen dos últimos días. Os enfrontamentos están a prexudicar gravemente os servizos básicos de saúde e educación, mentres que a violencia e o desprazamento están a deixar os nenos aterrorizados.

"Os nenos necesitan desesperadamenteprotección, e todas as partes do conflito deberían facer todo o que estea na súa man para manter os nenos seguros", dixo o representante dUNICEF Iemen, Julien Harneis, dende Amman.

A actual intensificación da violencia e a rápida deterioración da situación humanitaria están a empeorar as xa precarias condicións dos nenos no país, cunha inseguridade alimentariaxeneralizada, desnutrición aguda grave e aumento das taxas de recrutamento de nenos.

UNICEF, xunto aos seus aliados nacionais e internacionais, segue traballando para proporcionar os nenos afectadas subministracións esenciais de auga, saneamento e saúde, así comovacinas, nutrición, educación e programas psicosociais e de sensibilización sobre minas antipersoa e municións sen detonar.

UNICEF conta en Iemen cun pequeno número
de persoal internacional e máis de 100 membros de persoal local.