Galicia celebra o Día Universal da Infancia

Galicia celebrou ao grande o Día Universal do Neno, o 20 de novembro, data que recorda a firma da Convención sobre os Dereitos do Neno (1989). En colaboración con diferentes concellos realizáronse seis plenos infantís na Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Ferrol e Castrelo de Miño. Nestas actividades participaron alumnos de 3º ciclo de primaria de 15 centros educativos.

Todos os plenos estiveron presididos polos alcaldes de cada cidade e os concelleiros das áreas de Educación e Benestar Social.

Nas semanas previas aos plenos, todos os centros educativos traballaron a Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), analizaron como os dereitos se cumpren ou non na súa localidade, e prepararon reflexións e propostas de mellora que presentaron as autoridades. Ademais, os participantes acudiron aos plenos cos números de Cumpledías, a campaña de UNICEF España contra a desnutrición infantil.

A estas actividades hai que engadir as celebradas en diferentes centros enredados e Escolas Amigas de UNICEF, como Sek Atlántico, Colexio Galén (Lugo), CEIP Paraixal (Vigo), CPR Lar (Pontevedra), CEIP Sada e os seus Contornos (A Coruña), etc. Nestes centros os máis pequenos aprenderon cales son os seus dereitos grazas a Pocoyó, cantaron a canción de Cantajuego e calcularon o número de días que cumpren os seus dereitos. Tamén se fixo un taller sobre dereitos no centro IKEA da Coruña.

Para rematar esta semana de celebración, o próximo sábado 24 de novembro realizaranse as seguintes actividades: 

III Festa da Infancia en Baión (Vilanova de Arousa), na que participarán 300 alumnos de diferentes municipios de Galicia.

Partido de Fútbol Solidario entre Veteranos de Sada e Veteranos do Deportivo da Coruña. Este encontro realizarase por proposta do CEIP Sada e os seus Contornos, que o curso pasado participaron no proxecto O fútbol que queremos.

Celebración do 20 de novembro en Santiago de Compostela. Organizado polo Concello de Santiago de Compostela, Cruz Vermella e UNICEF, faranse talleres nos que participarán máis de 500 nenos da localidade, que tamén poderán gozar dunha obra de teatro sobre os dereitos da infancia.

Nas próximas semanas está prevista a realización doutros plenos infantís nas localidades de Baiona(Pontevedra), Betanzos (A Coruña) eVerín (Ourense).