Gaizka Mentxaka: "Os nenos son os únicos capaces de sorrir en emerxencias como a de Nepal"

Gaizka Mentxaka comezou a súa andaina en UNICEF cun período de voluntariado nas nosas oficinas do comité do País Vasco en Bilbao. Sudán foi o seu primeiro destino internacional connosco. Agora, e tras catro anos no país africano, dende xaneiro é especialista en programas na nosa oficina rexional de UNICEF en Asia meridional, situada en Katmandu.

Estivemos a falar con Gaizka sobre a súa nova etapa no sur de Asia, así como os desafíos que detecta para a infancia nesta zona do mundo. Tamén sobre como viviu o terremoto de Nepal e a fortaleza dos nenos deste país.

  • Como describirías a experiencia durante os primeiros meses na oficina rexional en Asia meridional?

O traballo que desempeño respecto ao que realizaba na oficina de país en Sudán é moi diferente. Os meus primeiros sete meses en Katmandu estiveron divididos en dúas etapas: os primeiros tres meses e os posteriores ao terremoto do 25 de abril. É o meu primeiro traballo en oficina rexional e o noso rol consiste en aconsellar e guiar as oito oficinas de país situadas en Bangla Desh, India, Nepal, Paquistán, Afganistán, Sri Lanka, Maldivas e Bután. É a oficina rexional que menos países aglutina dentro de UNICEF, pero unha das maiores en número de poboación necesitada, debido sobre todo ás cifras de India, Afganistán, Bangla Desh e Paquistán.

  • Cal é a maior problemática da infancia en Asia meridional?

No sur de Asia concéntrase o 40% dos casos de desnutrición infantil, onde tamén case 10 millóns de nenos non teñen acceso á educación primaria, máis que en calquera outra rexión do mundo. A pesar de que a mortalidade infantil decreceu nos últimos anos, aínda se producen máis dun millón de mortes neonatais cada ano. O sur de Asia tamén segue sendo un ano máis a rexión co maior número de poboación que non tenacceso a retretes; 678 millóns de persoas encóntranse nesta situación. Ademáis, dende hai un ano, cando Nixeria rexistrou o seuúltimo caso de polio, somos a única rexión onde este virus está presente. Cifras como estas son as que nos empurran a traballar máis duro.

  • Cal é a función principal da oficina rexional nunha emerxencia?

A oficina rexional é o primeiro punto de apoio ecoordina a resposta en emerxencias, como aconteceu co terremoto de Nepal. Na área de desenvolvemento, somos a ponte entre Nova York e cada oficina de país, para asegurarnos de que reciban apoio técnico necesariopara completar os seus respectivos programas de país.

  • De que xeito se viviu o terremoto dende a oficina rexional de Asia meridional, casualmente situada en Katmandu?

Foi o primeiro terremoto que vivín, xa que enSudán as emerxencias eran distintas, aínda que moi constantes e complexas como conflitos, cólera, inundacións... No caso dos terremotos de hai catro meses estiven dous meses e medio dedicado completamente áemerxencia.

  • Tes algunha imaxe gravada na mente tras o desastre natural que afectou a millóns de nenos?

Unha semana despois do terremoto, metido de cheo naresposta á emerxencia, saín a dar un paseo ás 5:30 da mañá, só, coa miña cámara de fotos en man, polos campos de desprazados internos en Katmandu. Entre as tendas de campaña onde se encontraba a xente que perdera as súas casas, foi extraordinario ver que sempre son os nenos os únicos capaces de sorrir ante as peores situacións e catástrofes. Eles son felices porque están nunha tenda de campaña, cando en realidade é unha situación precaria. Sempre quedo con esa foto dos nenos sorrindo á cámara en Nepal, o país do sorriso, ondeacollen as persoas dun xeito incrible. É xente que perdeu todo e que, aínda así, che ofrece compartir o pouco que ten.

  • De que xeito se está a traballar a innovación no sur de Asia?

Innovación é a palabra do momento pero creo que en UNICEF sempre fomos innovadores, xa que innovación é moito máis que novas tecnoloxías e, ao longo da historia da nosa organización, houbo maneiras diferentes de pensar para poder chegar a cada vez máis nenos. En Nepal, por exemplo, acábase de asinar un proxecto cos scouts en torno ao U-Report, unha plataforma de software para intercomunicarse en tempo real con distintos axentes a través do sms, que permite aos mozos nepalíes expresar as súas opinións sobre algún tema en particular e que esperamos supoña unha mobilización social positiva. Este mesmo software tamén ofrece ferramentas como o RapidPro, co obxectivo dereunificar os nenos separados das súas familias ourexistrar nacementos, por exemplo.

  • Despois duns días de descanso no País Vasco, veste instalado no teu Getxo natal nun futuro?

Dubídoo. Levo fóra de Getxo máis de 15 anos. Viaxar e coñecer como afrontan os problemas en cada oficina de país está a ser unhaexperiencia inesquecible e unha grande aprendizaxe para min, polo que non me vexo no País Vasco a curto prazo.